Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Coñecer Repsol YPF > Innovación e tecnoloxía > Proxecto CENIT Biodiésel
300x200_TSRY_Biodiesel_laboratorio__161427.JPG

¿Que supón o seu desenvolvemento?

O proxecto CENIT biodiésel busca provocar un salto cualitativo no coñecemento científico e tecnolóxico neste campo en España, e sentar as bases para que esta liña de traballo se implante con continuidade no sistema privado e público de I+D español, para beneficio do tecido industrial que pode e debe facer uso dos descubrimentos e innovacións que se xeren.

¿Cal é a formulación xeral do proxecto?

O proxecto configurouse e definiuse tras elaborar un mapa tecnolóxico da cadea de valor do biodiésel, dende a obtención de materias primas ata os seus usos e aplicacións, identificando os bloques ou elos desta cadea nos que aparecesen liñas de traballo de I+D prometedoras respecto da súa contribución ao obxectivo do proxecto.

¿Pódese resumir o devandito mapa tecnolóxico e describir brevemente estes bloques ou elos?

En primeiro lugar, as materias primas para a obtención de biodiésel, bloque no que aparecen liñas de traballo como: a mellora de rendemento de oleaxinosas que tradicionalmente se empregan para a obtención de biodiésel por transesterificación; o uso de aceites usados e graxas animais, de menor custo, baixo un axeitado control de procedencias e calidades; novas variedades de oleaxinosas, e algo diferente e innovador, o cultivo e utilización  de novas materias primas como as algas; que ademais de cumprir o seu papel de xeradoras de aceite como materia prima, maximizan a captura de CO2 durante o seu crecemento. A continuación aparecen os procesos de transformación, onde se identificaron como principais liñas de traballo:

  • a mellora de rendementos e a redución do consumo enerxético da transesterificación de aceites e a súa adaptación para poder procesar aceites e graxas máis baratos,
  • a transesterificación con bioetanol como substituto do metanol para completar o carácter renovábel do biodiésel,
  • novos catalizadores sólidos que abaraten o proceso de transesterificación,
  • novos procesos de transformación integrábeis cos do refino de petróleo (hidroxenación, cracking térmico ou catalítico),
  • novas vías como a pirólise e gasificación de biomasa, como primeira etapa para unha posterior conversión do gas de síntese obtido en combustíbel líquido.   

A revalorización de coprodutos e subprodutos dos procesos de transformación é tamén un elo da cadea de valor moi importante de cara a conseguir no futuro a competitividade de custos. Aquí aparece como vector principal a busca de novas aplicacións da glicerina, coproduto do proceso de transesterificación, con liñas de traballo orientadas a transformala noutros produtos químicos ou enerxéticos con suficiente mercado para absorber os grandes volumes que previsibelmente se producirán. Tamén se traballará na revalorización de subprodutos do refinado e purificación de aceites. Finalmente, chégase aos usos e aplicacións do biodiésel, onde aparecen retos tecnolóxicos non resoltos que constitúen hoxe en día verdadeiras barreiras á introdución efectiva dos biocombustíbeis no mercado. O biodiésel debe obterse cunha calidade homologábel e compatíbel coa dos gasóleos de petróleo cos que en mestura se usa, derivándose liñas de traballo encamiñadas a mellorar a calidade deste biodiésel mediante tratamentos e aditivos  químicos, e a investigar as prestacións técnicas e ambientais das mesturas. Por outro lado, outras liñas de traballo oriéntanse a desenvolver motores, caldeiras e aplicacións especialmente deseñadas para usos con biodiésel.

 

Anterior                                      Seguinte 


Última actualización: 10 abr 2006


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.