Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Coñecer Repsol YPF > Innovación e tecnoloxía > Proxecto CENIT Mediodía
CENIT mediodia

¿Que é o programa "CENIT"?

O programa CENIT (Consorcios Estratéxicos Nacionais de Investigación Técnica), está promovido pola administración española, no contexto do seu programa de Fomento da cooperación estábel público-privada en I+D+i. Pretende a promoción e o desenvolvemento de grandes proxectos de investigación industrial de carácter estratéxico. Os consorcios deben estar constituídos como mínimo por catro empresas, dúas delas tipo grandes, e dúas do tipo pequenas, así como por, polo menos, dous organismos de investigación subcontratados polas empresas integrantes do consorcio, investindo nesta subcontratación do desenvolvemento polo menos o 25% do orzamento total do proxecto. Este debe estar comprendido entre 20 e 40 millóns de euros (€) para os catro anos de duración. Os proxectos deben estar liderados por unha empresa de suficiente entidade e capacidade tecnolóxica, e están cofinanciados a través do CDTI ata o 50%.

¿Que é o proxecto MEDIODÍA?

O proxecto de investigación industrial MEDIODÍA, acrónimo de "Multiplicación de Esforzos para o Desenvolvemento, a Innovación, a Optimización e o Deseño de Invernadoiros Avanzados", liderado por Repsol YPF, foi un dos quince proxectos merecedores do apoio do programa de Consorcios Estratéxicos Nacionais de Investigación Tecnolóxica (CENIT) na súa segunda convocatoria (2007-2010).

O obxectivo xeral do proxecto é realizar unha investigación de carácter estratéxico no campo da agricultura baixo plástico que permita o desenvolvemento dun novo concepto de invernadoiro avanzado, altamente automatizado, eficiente no consumo de enerxía e auga e que permita cultivos diversificados e rendíbeis en calquera época do ano en distintos climas españois, mediante un sistema de produción integrada. 

O proxecto contempla desenvolvementos na área de materiais (para a cuberta, a estrutura e o substrato do invernadoiro), sistemas electromecánicos (climatización, movemento de plantas, fertirrigación e fertilización carbónica) e sistemas biolóxicos auxiliares (polinizadores e loita integrada). Así mesmo, traballará sobre a xestión de produtos (clasificación, procesado e envasado de vexetais), co-produtos e residuos e sobre a subministración de enerxía e auga renovábeis a agrupacións de invernadoiros.

En MEDIODÍA participan 11 empresas líderes nos seus sectores, coordinadas por Repsol YPF, e boa parte das actividades do proxecto serán realizadas por 26 organismos de investigación

O proxecto reflicte o apoio do goberno español ao sector da agricultura intensiva, un dos subsectores agrarios máis significativos, e permitirá situar España á vangarda da tecnoloxía agroalimentaria, pasando de ser compradores de tecnoloxía a ser un referente europeo e mundial. Os seus resultados irán, ademais, máis alá do propio sector agroalimentario, impulsarán outras actividades industriais e de servizos.

Actividades e tarefas do proxecto (PDF 24,4 Kb)

Nota de prensa (PDF 45,6 Kb)

Máis información en www.cenitmediodia.com

Última actualización: 27 dec 2007


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.