Todas as curiosidades sobre a parte máis tecnolóxica da Competición | ![]() |
As gasolinas son unha mestura complexa de hidrocarburos líquidos, cuxo obxectivo fundamental é transformar enerxía química en enerxía mecánica no seu proceso de combustión. Os combustíbeis de competición son produtos con propiedades físico-químicas moi acoutadas e desenvolvidos exclusivamente para aplicacións específicas onde priman as prestacións.
Non, Repsol YPF baseándose no coñecemento adquirido na competición, incorpora ás súas gasolinas comerciais aditivos vangardistas que protexen, manteñen limpos e alongan a vida dos motores, e optimizan así o seu consumo e prestacións.
1º- Definición dos requirimentos do motor
2º- Selección de compoñentes e correntes de refinaría
3º- Análise preditiva mediante modelos matemáticos de simulación
4º- Selección e fabricación das formulacións máis óptimas
5º- Ensaios en motor en banco de probas
6º- Ensaios en circuíto en condicións reais de carreira
7º- Homologación do combustíbel polo laboratorio acreditado
8º- Fabricación e distribución.
Os obxectivos principais dun combustíbel de competición son maximizar a potencia do motor e facilitar a condución do piloto, pero considerando diversas restricións entre as que salientan, o cumprir unha especificación e garantir a vida do motor estabelecida polo fabricante, que oscila entre 1.500 km e 3.000 km.
Non, non é conveniente, xa que as gasolinas de competición son produtos moi específicos desenvolvidos exclusivamente para aplicacións moi diferentes ás dun motor convencional, onde priman outras propiedades como a protección do motor, limpeza, lonxevidade...
Non, participa noutros campionatos:
Incluíndo a gasolina subministrada para desenvolvemento de novos motores, por volta dos 100.000 litros/ano.
Contando todos os adestramentos (libres e oficiais) e a propia carreira, uns 150 litros por moto.
Teñen que cumprir coa especificación da FIM (Federación Internacional de Motociclismo) e ser homologadas polo EMPA: un laboratorio acreditado pola FIM con sede en Xenebra, que se encarga de certificar todas as gasolinas que corren no campionato do Mundo.
Non, os compoñentes que se utilizan para fabricar unha gasolina de competición teñen que estar de acordo coa Federación Internacional do Motociclismo.
Os comisarios extraen unha mostra de gasolina do depósito de combustíbel aos primeiros pilotos clasificados de cada carreira e a algún máis ao azar, e comproban que se corresponde coa homologada.
A clave dun bo produto de competición é conseguir unha estreita colaboración entre o fabricante do motor e o fabricante do combustíbel. Repsol YPF colabora intensamente cos seus equipos patrocinados, e por suposto, realiza numerosos ensaios nas súas propias instalacións e en circuítos que garanten a calidade do produto.
Por esta razón lideramos o mercado e somos campións do mundo dende o ano 2001.
Aínda que pareza mentira, a diferenza respecto a un produto comercial non é moi grande, por volta dun 2%, non obstante, esta pequena diferenza pode supoñer gañar ou perder un Gran Premio.
Unha fabricación minuciosa, garantindo a súa homoxeneidade nos diferentes lotes ao longo do ano.
Unha loxística complexa: transporte por todo o mundo de mercadorías perigosas.
Última actualización: 1 ago 2006
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.