Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Coñecer Repsol YPF > Innovación e tecnoloxía > Tecnoloxía e sociedade
Tecnoloxía e sociedade
I+D+i (investigación, desarrollo, innovación)

A I+D+i (investigación, desenvolvemento, innovación) tecnolóxica é un dos factores fundamentais para acadar cotas elevadas de produtividade nas economías desenvolvidas, que non poden recorrer a recursos como os baixos custos de man de obra para competir.

Repsol YPF entendeu que para ser competitivo nun mercado global o investimento en tecnoloxía débese achegar ao das empresas de referencia no sector e medrar co seu propio ritmo de crecemento empresarial. Alí onde se desenvolve I+D+i xérase ademais un valor engadido adicional relacionado co seu impacto social, por exemplo mediante a transferencia de coñecemento con universidades e centros públicos.

Entre un 10 e un 15% do orzamento de I+D de Repsol YPF invístese no sistema público a través da contratación de actividades que forman parte integral dos proxectos da propia empresa. O impacto social maniféstase tamén na relación co mundo educativo, en actividades como a acollida de bolseiros nos Centros de Tecnoloxía, a celebración de cursos e seminarios ou visitas de grupos de colexios e universidades.

Tamén a tecnoloxía serve para proxectar a imaxe de Repsol YPF como empresa con capacidade tecnolóxica. Así, o novo Centro inaugurado en 2002 e as súas actividades formaron parte de campañas publicitarias Repsol YPF en televisión e prensa, é visitado con frecuencia por autoridades e persoeiros e emprégase para realizar actos e foros técnicos salientábeis cos clientes e socios da Compañía.


Última actualización: 20 xull 2007


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.