Repsol YPF é fundamentalmente o resultado dos seguintes procesos: a constitución en 1987 da compañía estatal Repsol a partir das participacións que o Estado español tiña no sector de hidrocarburos, o final do proceso de desmonopolización e a liberalización do sector de hidrocarburos en España e a adquisición da petroleira arxentina YPF en 1999.
En Repsol YPF tense o convencemento da enorme e crecente importancia da marca como elemento clave na diferenciación do produto e servizo, a continuidade do liderado de cara a clientes e a sociedade en xeral, e a capacidade de atraer e reter capital humano.
Unha identidade común, optimamente xestionada, permítelle á compañía presentar unha mensaxe unívoca e diferenciadora ante as súas audiencias, así como construír vínculos de pertenza con elas.
Para garantir a posición de líderes nos países principais nos que se opera, aplícase unha política de marcas cuxo obxectivo é fortalecer e aumentar o valor das marcas comerciais de referencia nestes mercados: Repsol e YPF. Estas marcas configuran o eixo central de crecemento dada a súa grande capacidade de diferenciación, elevada notoriedade e imaxe potente entre os clientes.
A estratexia de enfoque articúlase en catro piares fundamentais: concentración dos esforzos de comunicación, busca da máxima consistencia nas mensaxes, sistematización das aplicacións gráficas e simplificación da arquitectura das marcas.
En todo caso, a posición de Repsol YPF é aplicar sempre os mellores estándares canto ao seu comportamento e á calidade dos seus produtos e servizos, facendo o posíbel para que a percepción dos seus clientes, provedores e socios estea á altura da súa visión estratéxica:
"Ser unha empresa internacional petroleira e gasista integrada, admirada, orientada ao cliente e á creación de valor"
Para calquera aclaración ou solicitude de información dirixirse a:
Repsol YPF, S.A.
Marca e Identidade Corporativa
Paseo de la Castellana, 278-280
28046 Madrid. España
Tel: +34 913 488 001.
marca@repsolypf.com
Dirección de Comunicación e Relacións Externas Arxentina
Identidade Corporativa
Avenida Roque Sáenz Peña 777
1364 Bos Aires. Arxentina
Tel: +54 11 4329 2000.
externas@repsolypf.com
Última actualización: 30 xull 2007
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.