Bolsa, Información para accionistas de Repsol en Repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol
Todo sobre Repsol YPF Coñecer Repsol YPF

Ruta

A Compañía

Repsol YPF é unha empresa internacional integrada de petróleo e gas, con actividades en máis de 30 países e líder en España e Arxentina. É unha das dez maiores petroleiras privadas do mundo e a maior compañía privada enerxética en Latinoamérica en termo de activos. 

Magnitudes financeiras consolidadas
(Millóns de euros)
2004200520062006/2005%
Resultados das operacións4.6866.1615.911(4,1)
Beneficio neto2.4143.1203.1240,1
EBITDA7.2979.1399.053(0,9)
Ingresos operativos40.29251.04555.0807,9
Investimentos3.7473.7135.73754,5
Débeda neta5.3984.5134.396(2,5)
Número de empregados32.37635.23936.9944,9


Máis información sobre principais magnitudes (PDF 44,2 Kb) Só en castelán

Exploración e produción
Pozo en el desierto

O obxectivo de Repsol YPF nas súas actividades de exploración e produción de petróleo e gas natural, é o crecemento rendíbel e diversificado. As bases desta estratexia son:

  • o crecemento en produción e reservas
  • a diversificación xeográfica da actividade
  • a excelencia operativa manténdose como un operador de baixo custo e a rendibilidade cun incremento das marxes unitarias medias                                      

A produción total de hidrocarburos da compañía supera os 1,1 millóns de barrís equivalentes de petróleo ao día. 


Refino e Márketing
Boquerel

Repsol YPF é o maior refinador de petróleo de España e Arxentina, está presente ademais en Perú e Brasil. Opera nove refinarías cunha capacidade de refino de máis de 1,2 millóns de barrís por día. En canto ás actividades de mercadotecnia, Repsol YPF comercializa os seus produtos petrolíferos en 12 países de Europa e Latinoamérica a través dunha ampla rede de máis de 6.800 puntos de venda. É o operador líder en Arxentina e en España e un dos principais en Perú e Ecuador. No negocio dos gases licuados do petróleo (GLP), cunhas vendas anuais de máis de tres millóns de toneladas, Repsol YPF é a terceira compañía máis grande do mundo e unha das máis eficientes.


Química
Refineria

A actividade petroquímica de Repsol YPF desenvólvese principalmente en España, Arxentina e Portugal. Os mercados máis importantes son Europa e os países do Mercosur. Este negocio, que conta cun alto nivel de integración co refino e coa produción de gas natural, dispón de tecnoloxía propia en produtos de alto valor engadido.


Gas e electricidade
Gas y electricidad

Repsol YPF distribúe gas natural, directamente ou a través das súas filiais, a máis de 9 millóns de clientes en España e Latinoamérica, dos cales máis de 4,5 están en Latinoamérica. As vendas totais de gas natural ascenden a máis de 36 bcm. Máis do 60% destas vendas xéranse en España.


Responsabilidade corporativa
CTR

Para Repsol YPF, a responsabilidade corporativa constitúe o seu marco de actuación respecto dos grupos de interese cos que a compañía se relaciona: accionistas, clientes, socios e provedores, empregados, e a sociedade en xeral. Ese marco de actuación fundaméntase na ética e na transparencia; no coidado do medio e na seguridade, e no cumprimento do noso compromiso cos nosos empregados e coa sociedade. As persoas que integran Repsol YPF constitúen a base sobre a que se sustentan todas as actividades e todos os negocios da organización. A compañía conta cun cadro de persoal que supera os 35.000 empregados, presentes en máis de vinte países.


Plantilla por ubicación geográfica

Cadro de persoal por ubicación xeográfica
200420052006
España17.17518.21218.522
Argentina, Brasil, Bolivia (ABB)11.89712.69613.104
Resto de Latinoamérica2.6812.8663.137
Resto do Mundo1.5842.1352.168
Total33.33735.90936.931



Na súa decidida aposta pola innovación tecnolóxica, Repsol YPF impulsa a súa capacidade de desenvolvemento tecnolóxico en consonancia co seu crecemento empresarial, para iso dispón dun Centro de Tecnoloxía que está á altura dos mellores complexos tecnolóxicos do sector enerxético no ámbito internacional. Esta aposta pola innovación vai acompañada do desenvolvemento de tecnoloxías respectuosas co medio. Para Repsol YPF a atención ao medio e á seguridade constitúe un aspecto central da xestión do negocio. A Política de Medio e Seguridade impleméntase en todas as actividades da compañía mediante o sistema de xestión que estabelece os principios organizativos, os sistemas de planificación, seguimento e auditorías e as condicións básicas comúns a toda a empresa nos ámbitos de medio e seguridade. Repsol YPF entende que o seu compromiso coa sociedade aséntase sobre a súa capacidade de xerar e distribuír riqueza, resultado do desempeño eficaz das súas actividades como compañía do sector da enerxía. A acción social da compañía enmárcase no compromiso a longo prazo coas sociedades onde opera, axuda a consolidar a súa posición nos países onde ten presenza e estabelece relacións duradeiras, baseadas na cooperación coas sociedades anfitrionas.


Última actualización: 23 abr 2007


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.