Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Coñecer Repsol YPF > A Compañía > Valores éticos
Valores éticos
Valores éticos en Repsol YPF

Os valores éticos son os principios esenciais e perdurábeis dunha organización. Como tal conxunto de principios non precisan unha xustificación externa, teñen unha importancia intrínseca para quen forma parte da empresa. Son aqueles valores irrenunciábeis e fundamentais da compañía e que deben  guiar todas as nosas accións e comportamentos. Son a base sobre a que Repsol YPF constrúe a confianza mutua dentro da compañía e cara a todos os stakeholders.

 


En Repsol YPF temos 4 valores éticos:

1. Integridade
Comportamento intachábel, aliñado coa rectitude e a honestidade. 

2. Transparencia
Información axeitada e fiel do que se fai. Unha información veraz e contrastábel.

3. Responsabilidade
Asumir responsabilidades e actuar conforme a elas.

4. Seguridade
Alto nivel de seguridade en procesos, instalacións e servizos, prestando especial atención á protección dos empregados, contratistas, clientes e o medio local.


Última actualización: 23 abr 2007


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.