Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Guía Campsa 2007
Guía Campsa 2007

Repsol YPF presenta a nova Guía Campsa 2007, a publicación máis prestixiosa e completa do mundo das viaxes, a gastronomía e os viños.

 

Á presenza dunha cartografía, totalmente actualizada, de España, Andorra, Sur de Francia e Portugal, únense os   planos de 56 cidades españolas, máis de 2.000 hoteis e Paradores e a localización concreta de máis de 3.800 Estacións de Servizo Repsol, Campsa e Petronor.

                                                                                                  

Así mesmo, esta nova edición conta con máis de 2.000 restaurantes, seleccionados e clasificados en exclusiva pola Academia Española de Gastronomía e a información turística e de lecer de máis de 1.000 localidades.

 

Como novidade, esta edición incorpora o apartado “Autoestradas Gastronómicas”. 9 grandes rutas por toda a península nas que se salientan os restaurantes e visitas imprescindíbeis en cada unha delas.

 

A Guía Campsa 2007 acompáñase, de balde, do CD Rom interactivo da edición en papel, e da Guía dos Mellores Viños de España, un manual que incorpora máis de 1.400 viños e 600 adegas e novos apartados como o “100 adegas máis emblemáticas de España” ou a clasificación dos 10 mellores viños de cada Comunidade Autónoma.

 

Alén diso, cada edición da guía incorpora un código único que permitirá ao usuario gozar de múltiples vantaxes e sorteos en guiacampsa.com así como gozar dun desconto directo de 21,90€ ao aloxarse en Paradores.


Última actualización: 20 dec 2006


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.