Gas e Electricidade 2007 - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol
Todo sobre Repsol YPF Coñecer Repsol YPF

Ruta

Gas e Electricidade 2007

O resultado das operacións da área de Gas e Electricidade ascendeu en 2007 a 516 millóns de euros, un 10% superior aos 469 millóns de euros do ano anterior. Estas cifras reflicten a favorábel evolución dos resultados de Gas Natural SDG, destaca o crecemento da actividade de distribución tanto en España coma en Latinoamérica e, especialmente, o da comercialización de gas natural en España.

En canto aos resultados da actividade eléctrica, mantiveron un moderado ritmo de crecemento ao verse
afectados polos menores prezos do "pool" eléctrico español, que se recuperaron na segunda metade do ano.

O EBITDA da actividade foi de 717 millóns de euros, un 21,1% superior ao do ano 2006.

A través da súa participación do 30,8474% en Gas Natural SDG, Repsol YPF participa en toda a cadea de valor do gas, dende o aprovisionamento ata a distribución e comercialización. Gas Natural SDG é líder en España e Latinoamérica e conxuntamente con Repsol YPF a terceira compañía do mundo por volume de gas transportado.

É ademais un dos principais operadores de ciclos combinados do mundo, con ampla presenza en España e, dende 2007 en México, onde é o segundo operador privado de xeración eléctrica.

As vendas totais de gas natural ascenderon en 2007 a 36,41 bcm (miles de millóns de m3). En España, as vendas foron 22,15 bcm, levemente inferiores ás do exercicio 2006, consecuencia do modesto crecemento do mercado español, no que a demanda convencional estivo afectada polos altos prezos, e a demanda de gas para o sector eléctrico foi menos puxante pola maior hidraulicidade.

A comercialización de gas natural en España comportouse moi favorabelmente, consecuencia da liña comercial desenvolvida pola compañía, que se basea na optimización da carteira de contratos de gas no mercado liberalizado e nunha política de prezos adaptada ás condicións do mercado. O número de clientes en España medrou en 246.000, ata situarse en 5,7 millóns.

O crecemento dos resultados da actividade en Latinoamérica debeuse, fundamentalmente, ao bo comportamento da distribución en Colombia e Brasil. Este incremento é aínda máis significativo se se ten en conta a depreciación do dólar e das moedas locais fronte ao euro.

As vendas en Latinoamérica alcanzaron en 2007 os 9,92 bcm, superiores nun 8,0% ás de 2006. O número de clientes en Latinoamérica alcanzou os 5,1 millóns tras incorporar 170.000 novos puntos de subministración.

A actividade eléctrica en España evolucionou positivamente a pesar dos menores prezos do "pool" eléctrico español. En xeración, o total dos ciclos combinados, xunto coa potencia instalada en coxeración e aeroxeradores produciron en 2008 16.975 GWh, un 4,8% menos que en 2006. A potencia instalada en
España en ciclo combinado alcanzou os 3.600 MW tras a posta en marcha dos 800 MW de Plana del Vent e contamos cunha potencia en construción de 400 MW en Málaga. No porto de Barcelona contamos con outro ciclo combinado de 800 MW en avanzado trámite de permisos e estamos desenvolvendo un proxecto de 800 MW en Lantarón (Álava).

En 2007 continuou a expansión internacional. Así, no mes de decembro Gas Natural pechou a operación de compra de cinco centrais de ciclo combinado e un gasoduto a EDF e Mitsubishi en México. Con esta operación a compañía entra no mercado mexicano de xeración eléctrica como segundo operador privado. Os cinco ciclos combinados adquiridos suman unha potencia instalada de 2.233 MW e o
gasoduto ten 54 quilómetros de lonxitude. Estes activos están valorados en 1.448 millóns de dólares. 

Tras esta a adquisición, a compañía opera un total de 6.373 MW de potencia instalada de xeración de electricidade repartidos entre España (3.600 MW), Puerto Rico (540 MW) e México (2.233 MW).

Na distribución e comercialización de gas, consolidouse a presenza no mercado italiano coa compra do grupo Italmeco, que opera en catro rexións do centro e sur de Italia. Con esta operación, o número de clientes neste país supera os 350.000.

Os investimentos en Gas e Electricidade durante o exercicio 2007 ascenderon a 651 millóns de euros, cifra superior nun 98,5% á do exercicio 2006. Este incremento débese, fundamentalmente, á adquisición dos activos de México. O resto dos investimentos dedicáronse á actividade de distribución de gas natural e aos proxectos de xeración de electricidade en España.

Máis información                                             

Última actualización: 14 maio 2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.