Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Refino e Márketing 2006

Os negocios de Refino e Márketing de Repsol YPF comprenden as actividades de refino, loxística e comercialización de combustíbeis, incluídos os gases licuados de petróleo, tanto no mercado almacenista coma no retallista. Repsol YPF é o maior refinador de petróleo de España e Arxentina, atopándose ademais presente en Perú e Brasil. 

En canto ás actividades de márketing, o Grupo comercializa os seus produtos a través das súas estacións de servizo en 8 países, é o líder nos mercados español e arxentino, e unha das compañías de referencia nos mercados peruano e ecuatoriano.

Durante o exercicio 2006, os investimentos na área de Refino e Márketing ascenderon a 966 millóns de euros e destacan os dedicados a melloras operativas, calidade de carburantes, seguridade e medio e proxectos de conversión, así como á remodelación e mellora da rede de estacións de servizo.

Durante o mes de xuño púxose en marcha na refinaría de Bilbao (España) unha Unidade de Desulfuración de destilados medios, como parte dos proxectos de adecuación das refinarías ás novas especificacións de gasóleos. En novembro de 2005 presentouse o novo Plan de Investimentos de refino da área de Downstream. A estratexia de Refino de Repsol YPF en España ten como obxectivos incrementar a capacidade de destilación e de conversión, adaptar as unidades a futuras especificacións de produtos, impulsar o uso de biocarburantes e mellorar a eficiencia enerxética, a seguridade e o medio. Neste marco, a compañía investirá 3.870 millóns de euros.

Os principais investimentos efectuaranse na refinaría de Cartaxena, co obxectivo de ampliar a súa capacidade de refino e conversión, e na de Bilbao, co fin de reducir a produción de fuel óleos e mellorar a calidade dos produtos, dedicando así mesmo especial interese ás melloras do medio.

En abril de 2006, a Comisión Europea aceptou os compromisos formulados por Repsol YPF, (a través da súa filial Repsol Comercial de Productos Petrolíferos) para favorecer a competencia no mercado de distribución de combustíbeis de automoción en estacións de servizo en España. Con esta decisión culmina así un longo proceso de negociación e dáse por finalizado o procedemento relativo aos acordos de subministración exclusiva. A aplicación destes compromisos ofrecerá a un número significativo de estacións de servizo en España, aquelas nas que Repsol YPF ostenta un dereito real de superficie ou usufruto, a posibilidade de rescatar os seus contratos de subministración exclusiva a longo prazo e poder contratar con outro provedor.

O 27 de decembro de 2006, Repsol YPF chegou a un acordo para a venda a Mutua Madrileña da súa participación do 50,1% no capital de autoclub Repsol, club líder de España en prestación de servizos aos automobilistas. Esta operación, que se produce tres anos despois da creación do Club, permitiu consolidar a fidelización de máis de 2 millóns de clientes para as estacións de servizo de Repsol, Campsa e Petronor. O acordo, polo que AON Gil y Carvajal vende tamén a súa participación do 20,4% en Autoclub, pasando a Mutua Madrileña a ser o seu único accionista e xestor, inclúe tamén a cesión temporal a Mutua Madrileña do uso da marca Autoclub Repsol, e o mantemento por un prazo de cinco anos dos descontos e das demais vantaxes para os titulares do Club nas estacións de servizo de Repsol, Campsa e Petronor. En virtude deste acordo, Repsol YPF faise tamén co 100% da empresa Euro 24, que formará parte do seu núcleo estratéxico de prestación de servizos aos seus clientes no ámbito do transporte profesional.

 

Máis información                                               

Última actualización: 14 maio 2007


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.