Bolsa, Información para accionistas de Repsol en Repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol
Todo sobre Repsol YPF Coñecer Repsol YPF

Ruta

Estou en: Inicio > Todo sobre Repsol YPF > Coñecer Repsol YPF > Repsol YPF en Internet
Repsol YPF en Internet

Repsol YPF lanzou en xullo de 2000 o portal repsolypf.com; unha completa e nova aposta por Internet dirixida, tanto aos que desexan a máxima información sobre a Compañía e os seus produtos, como aos internautas en xeral que navegan pola rede en busca de propostas e ofertas con valor diferencial.

repsolypf.com é o sitio idóneo para que analistas, investidores, accionistasmedios de comunicación atopen toda a información sobre Repsol YPF. Para os estudantes e aqueles que desexan enviar o seu currículo en tempo real. E para os clientes das diferentes áreas de negocio que poden realizar pedidos, solicitar duplicados de facturas, modificar os seus datos e un longo etcétera de funcións interactivas que se estende, incluso, á posibilidade do pagamento por transferencia electrónica dos importes cargados.

éxito de repsolypf.com débese en gran medida a unha estratexia multicontidos deseñados á medida dos seus usuarios e clientes, que ofrecen información especializada sobre o mundo do motora competicióno fogar, o lecer e as viaxes.

O atractivo e extenso universo do lecer e as viaxes tamén ten o seu sitio en repsolypf.com, a través da Guía Campsa Interactiva  en España, onde se recolle toda a experiencia e bo facer dos máis de 20 anos de publicación da súa homónima en papel e complétaa con servizos e opcións só dispoñíbeis grazas a Internet. Este servizo ten o seu equivalente en Arxentina, coa Guía YPF.

Na versión española de repsolypf.com préstase atención ao condutor en  Autoclub, o mellor club de ámbito nacional dirixido exclusivamente ao condutor, onde o protagonista non é o vehículo senón o socio, con descontos incomparábeis e a máis ampla oferta de produtos e servizos.

O alto número de usuarios e a excelente valoración dos contidos, servizos e funcionalidades ofrecidas, constitúen claros indicadores do éxito e aceptación do portal.

Repsol YPF participa tamén nunha iniciativa líder no comercio electrónico para produtos químicos e plásticos: Chem-Connect. A través del, compradores e vendedores de todo o mundo fan negocio. Repsol YPF ten así a oportunidade de ampliar mercados, acceder á información do sector e de optimizar a eficiencia nas transaccións comerciais.

Seguindo esta liña de actuación, a Compañía participa, xunto con outras trece empresas líderes mundiais da industria enerxética e petroquímica como Royal Dutch / Shell, BP ou Total-Fina-Elf, nun portal independente de e-Procurement para a compra ou contratación, de produtos e servizos: Trade-Ranger.

Así mesmo, con Telefónica, BBVA e Iberia, desenvolveu Adquira; portal de compras por Internet que facilita os procesos de adquisición de bens e servizos, non directamente produtivos, das catro compañías. Trátase do primeiro lanzamento, en España, destas características e contempla a entrada doutros socios, españois e de Latinoamérica, co fin de crear unha plataforma rexional (Península Ibérica e Latinoamérica) que maximice as economías de escala, ao tempo que asegure mellores oportunidades para compradores e vendedores.

Finalmente, Repsol YPF, a través da súa filial Global Companies LLC, lanzou o portal ShipIQ no que se dispón dunha plataforma loxística de contratacións mariñas en liña que actualmente é o líder mundial indiscutíbel neste servizo e está a ser utilizada por un número crecente de operadores no transporte marítimo de hidrocarburos líquidos.

No ámbito interno, o portal intranet repsolnet, converteuse en punto de referencia para todos os empregados da Compañía e plataforma de uso crecente no desenvolvemento de novos procesos e actividades vinculadas á colaboración e xestión do coñecemento

Última actualización: 21 feb 2007


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.