PREMIOS E GALARDÓNS repsolypf.com
Ano 2007
- "Segunda empresa de Europa, a mellor enerxética e líder entre as empresas do IBEX-35" pola súa transparencia en Internet. Repsol YPF é a segunda empresa de Europa pola súa transparencia na xestión de contidos da súa web corporativa, segundo a clasificación elaborada pola prestixiosa consultora sueca Hallvarsson & Halvarsson e publicada por Financial Times, entre máis de 700 empresas cotizadas. Ademais, proclámase como a mellor enerxética e, por cuarto ano consecutivo, lidera a clasificación de webs corporativas do IBEX-35.
Máis información - Premio AUI (Asociación de Usuarios de Internet) á Mellor Empresa. Os premios anuais da Asociación de Usuarios de Internet convócanse cada ano dende 1997 e ten por finalidade recoñecer a empresas, administracións e persoas españolas que cos seus traballos, actividades e proxectos contribuíron, durante o ano anterior, á difusión, ao emprego e ao desenvolvemento da Sociedade da Información e de Internet.
- VI Premio AECA (Asociación Española de Contabilidade e Administración de Empresas) áEmpresa Española con Mellor Información Financeira en Internet. Transparencia e Fiabilidade da Información Corporativa (modalidade empresa IBEX 35). Este premio anual, que se convoca dende o ano 2002, dá recoñecemento ás páxinas web que fan uso desta canle de comunicación para difundir a súa información corporativa debido á importancia que as novas tecnoloxías teñen no desenvolvemento dun mercado de información máis eficiente e dos seus efectos sobre a correcta asignación dos recursos económicos.
Premios e galardóns ano 2006
Premios e galardóns ano 2005
Premios e galardóns ano 2004
Premios e galardóns ano 2003
Última actualización: 28 nov 2007