Información para Accionistas de Repsol YPF, Accións, Informe Anual… en repsolypf.com

Repsol YPF

Banner

repsolypf.com

Barra de Herramientas Portada

  • Inicio
  • | Correo
  • | Boletíns
  • | Máis Servizos
  • | Tenda
Todo sobre Repsol YPF Información para accionistas e investidores

Ruta

Transición ás Normas Internacionais de Información, NIIF

De acordo co Regulamento (CE) nº 1606/2002 do Parlamento Europeo e do Consello, do 19 de xullo de 2002, todas as sociedades que se rexan polo Dereito dun estado membro da Unión Europea, e cuxos títulos valores coticen nun mercado regulado dalgún dos Estados que a conforman, deberán presentar as súas contas consolidadas dos exercicios que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2005, de acordo coas Normas Internacionais de Información Financeira (NIIF) que foran validadas pola Unión Europea. Conforme á aplicación deste Regulamento, o Grupo Repsol YPF estará obrigado a presentar as súas contas consolidadas do exercicio 2005 de acordo coas NIIF validadas pola Unión Europea. En España, a obriga de presentar contas anuais consolidadas baixo NIIF aprobadas en Europa, foi así mesmo regulada na disposición final undécima da Lei 62/2003, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social (BOE do 31 de decembro).

Conforme á NIIF 1, Adopción por Primeira Vez das Normas Internacionais de Información Financeira, aprobada por Regulamento (CE) 707/2004 da Comisión, do 6 de abril (DOUE 17 de abril), aínda que os primeiros estados financeiros elaborados conforme ás NIIF serán no caso do Grupo, os correspondentes ao exercicio pechado o 31 de decembro do exercicio 2005, será necesario incorporar con fins comparativos as cifras correspondentes ao exercicio anterior 2004, preparadas conforme ás mesmas bases utilizadas na determinación das cifras do exercicio 2005. Iso requirirá a elaboración dun balance de situación inicial ou de apertura á data de transición, 1 de xaneiro do exercicio 2004, aos criterios contábeis NIIF preparado conforme ás normas NIIF en vigor ao 31 de decembro do exercicio 2005.

Para cumprir a obriga imposta polo Regulamento (CE) nº 1606/2002 e o disposto na Lei 62/2003, o Grupo estableceu un plan de transición ás NIIF que inclúe, entre outros, os seguintes aspectos:

  • Análise das diferenzas entre os criterios do Plan Xeral de Contabilidade en vigor en España e os das NIIF, así como os efectos prácticos que as devanditas diferenzas puidesen ter na elaboración dos estados financeiros do Grupo.
  • Selección de criterios a aplicar naqueles casos ou materias en que existen posíbeis tratamentos alternativos permitidos nas NIIF.
  • Avaliación e determinación dos cambios necesarios na planificación e organización do proceso de compilación, conversión e consolidación da información de sociedades do grupo e asociadas.
  • Preparación dos estados financeiros consolidados de apertura, á data de transición, conforme ás NIIF.
  • Preparación dos estados financeiros para os trimestres de 2005 de acordo a Normas Internacionais de Información Financeira.

Actualmente este plan de traballo atópase en fase de execución, e ao longo do exercicio 2005 concluirase de forma definitiva, sen que sexa posíbel estimar de forma íntegra, fiábel e con toda a información relevante os potenciais impactos da transición, habida conta que:

  • O impacto que puidese ter a aplicación das normas, ou modificacións destas que, á data actual non foron validadas pola Unión Europea (normas aínda non adoptadas pola Unión Europea: NIIF 6 "Exploración e avaliación de recursos minerais"; modificacións en proceso de revisión: NIC 19 "Beneficios aos empregados" e NIC 39: "Instrumentos financeiros").
  • Que debido ao esixido pola NIIF 1, a determinación final destes posíbeis impactos queda suxeita ás Normas Internacionais de Información Financeira (NIIF) e interpretacións (IFRIC) destas, que se atopen finalmente en vigor á data de peche das primeiras contas consolidadas que o Grupo preparará conforme á citada normativa, 31 de decembro do exercicio 2005 no caso do Grupo.

Última actualización: 13 xuñ 2006



Pie de página

Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.