Posíbeis flutuacións dos prezos de cru por causas que escapan ao control da Compañía.
Riscos operativos e de mercado específicos aos que están suxeitas as operacións de gas natural de Repsol YPF.
Operacións que a Compañía leva a cabo en Arxentina.
Existencia de certos riscos operativos inherentes á industria do petróleo e gas e dependencia do custo efectivo da adquisición ou o descubrimento de depósitos e o seu posterior desenvolvemento para a obtención de novas reservas de cru.
Suxeición por parte das operacións de Repsol YPF a unha extensa regulación.
Suxeición da Compañía a unha extensa regulación ambiental e relativa a riscos.
Situación da maioría das reservas de Repsol YPF en países en vías de desenvolvemento.
Posíbeis flutuacións dos tipos de cambio motivadas por causas que escapan ao control da Compañía.
Posíbel efecto material adverso no negocio as condicións financeiras e no resultado das operacións, motivado pola inestabilidade política e a incerteza sobre as futuras regulacións en Bolivia.
As condicións na industria petroquímica son cíclicas e poden cambiar por factores fóra do control de Repsol YPF.
Posíbel impacto nos informes financeiros da Compañía da adopción, por parte de Repsol YPF, dos novos estándares contábeis en 2006.