"Ningunha compañía pode prosperar se permanece allea ás expectativas da sociedade do seu tempo. En Repsol YPF sabemos que a nosa responsabilidade é ofrecer produtos e servizos que contribúan a satisfacer eficazmente, con seguridade e dun modo sostíbel, a crecente demanda de enerxía que impulsa o desenvolvemento económico e social do planeta"
Carta do Presidente Executivo,
Informe de Responsabilidade Corporativa 2007

Repsol YPF aposta decididamente pola tecnoloxía e a innovación aplicada en toda a cadea de valor, co cal se minimiza o impacto ambiental.

Os principios e prácticas de goberno corporativo de Repsol YPF están entroncados coa visión da Compañía e os compromisos adquiridos e feitos públicos cos nosos accionistas, cos nosos clientes, cos nosos socios e provedores, cos nosos empregados e coa sociedade.

En Repsol YPF somos moi conscientes da función social do noso negocio e queremos que as sociedades nas que estamos presentes dispoñan dunha enerxía accesíbel, sostíbel e segura.

RepsolYPF comprométese a conducir as súas actividades de maneira que se minimicen os impactos ambientais negativos e se alcance un alto nivel de seguridade nos seus procesos, instalacións e servizos, e presta especial atención á protección dos empregados, contratistas, clientes e ámbito local.
Repsol YPF continúa desenvolvendo esforzos para mellorar os seus procedementos e as súas prácticas en materia de responsabilidade corporativa.
> Informe anual consolidado 2007
> Informe anual individual 2007
> Informe anual de Goberno Corporativo 2007
> Informe de Responsabilidade Corporativa 2007
> Informe de Áreas de negocio 2007
Última actualización: 14 maio 2008
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.