Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Voto a distancia

Conforme ao disposto no artigo 105.4 da Lei de Sociedades Anónimas, na redacción dada pola Lei 26/2003 do 17 de xullo, e de conformidade co que se dispoña nos Estatutos Sociais o voto das propostas sobre puntos comprendidos na Orde do Día de calquera clase de Xunta Xeral poderá delegarse ou exercitarse polo accionista mediante correspondencia postal, electrónica ou calquera outro medio de comunicación a distancia, sempre que se garanta debidamente a identidade do suxeito que exerce o seu dereito de voto. Os accionistas que emitan os seus votos a distancia deberán ser tidos en conta para os efectos de constitución da Xunta como presentes.

A Orde ECO/3722/2003 do 26 de decembro prevé no seu apartado cuarto a futura emisión dunha normativa de desenvolvemento do sistema de votación a distancia
Repsol YPF porá a disposición dos accionistas os procedementos axeitados para exercitar os devanditos dereitos en canto a devandita normativa entre en vigor.

 

Última actualización: 26 xan 2004


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.