O artigo sexto do Regulamento do Consello de Administración de Repsol YPF, S.A. regula as relacións deste órgano cos Accionistas estabelecendo que o Consello de Administración aplicará o principio de paridade de trato, creará mecanismos axeitados para coñecer as propostas destes últimos relacionados coa xestión social, organizará reunións informativas sobre a marcha da Sociedade e do seu Grupo e abrirá as canles necesarias para un intercambio regular de información con comités ou grupos de Accionistas.
Adicionalmente, o Consello de Administración adoptará cantas medidas considere oportunas para asegurarse de que a Xunta Xeral exerza as funcións que lle son propias. Para tal fin porá a disposición dos Accionistas, con carácter previo á Xunta, canta información sexa legalmente esixíbel ou, aínda non sendo, resulte de interese para eles e poida ser subministrada razoabelmente. Así mesmo atenderá coa maior dilixencia as solicitudes de información e as preguntas formuladas polos Accionistas con carácter previo á Xunta ou con ocasión da celebración desta última.
A información que a Sociedade facilite aos seus Accionistas e demais partícipes nos mercados financeiros será completa, correcta, equitativa, simétrica e en tempo útil. Co fin de conseguir unha maior transparencia e inmediatez no proceso de difusión de información, a Sociedade utilizará os procedementos e as tecnoloxías de uso xeneralizado que a técnica poña a disposición de empresas e particulares. Para tal fin, o Consello de Administración intensificará o uso da páxina Web da Compañía e acordará os contidos para facilitar polo devandito medio e que incluirán, entre outros documentos, os Estatutos Sociais, o Regulamento do Consello de Administración, os informes trimestrais e anuais, as convocatorias das Xuntas Xerais, a súa regulamentación e os acordos adoptados na última celebrada, así como calquera outra información que se considere oportuna.
Neste sentido a Sociedade dispón na súa Organización da Unidade de Relacións con Investidores integrada na Dirección Xeral de Control de Xestión e Desenvolvemento Corporativo, que mantén a comunicación cos seus Accionistas actuais e potenciais. Trimestralmente comunica a información financeira relevante da Sociedade aos órganos de control dos mercados bolsistas nos que cotiza (Comisión Nacional do Mercado de Valores en España, Securities Exchange Commissión de Estados Unidos e a Comisión Nacional de Valores de Arxentina), así como ao conxunto dos medios de comunicación e incorpóraa á páxina web específica de Investidores da Compañía.
Para facilitar o acceso dos Accionistas á información da Compañía, Repsol, YPF creou a Oficina de Información ao Accionista. Nela o Accionista dispón de acceso telefónico gratuíto e un correo electrónico onde poden solicitar canta información sexa do seu interese. Adicionalmente os Accionistas poden presentarse na devandita Oficina onde recibirán atención personalizada:
Oficina de Información ao Accionista
Paseo de la Castellana 278- 280
28046 Madrid
Teléfono: 900 100 100
correo electrónico: inversores@repsolypf.com
Por outra parte, o equipo de Relacións con Investidores está a disposición do Accionista para atender en persoa ou por teléfono nas oficinas de Madrid:
Paseo de la Castellana 278-280
28046 Madrid
Teléfono 913 485 548
A cantos accionistas o soliciten, á marxe do seu lexítimo exercicio do dereito de información regulado no artigo 112 da Lei de Sociedades Anónimas.
Última actualización: 12 xull 2007
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.