Información para Accionistas de Repsol , Accións, Informe Anual… en repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol
Todo sobre Repsol YPF Información para accionistas e investidores

Ruta

Preguntas Frecuentes

Fontes de información


- ¿Como se poden coñecer os próximos eventos que van ter lugar relacionados con Repsol YPF?


No apartado "Axenda do investidor" de repsolypf.com, pódese atopar un calendario que recolle os eventos da compañía que poidan resultar de interese para os investidores. Aquí disporase da información relativa aos "Próximos eventos" e os "Eventos previos", así como a data en que van ter lugar ou o tiveron.

Igualmente, poderase acceder a máis información relativa a estes picando en cada un deles e disporase da posibilidade de solicitar os avisos que se consideren necesarios, en función dos temas que máis interesen.

- ¿Como se pode obter a información relativa aos resultados de Repsol YPF?


Toda a información relativa aos resultados trimestrais e anuais de Repsol YPF se atopa dispoñíbel en repsolypf.com, no apartado de 'Informes financeiros' englobado no de 'Información económico-financeira' dende o momento en que é feita pública e pode ser descargada.

Tamén se pode solicitar, enchendo o formulario de 'Solicitude de publicacións' que está dispoñíbel na mesma Web ou poñéndose en contacto coa Oficina de Información ao Accionista (OIA) no teléfono gratuíto 900 100 100 por correo electrónico (infoaccionistas@repsolypf.com) ou acudindo en persoa ao Paseo de la Castellana nº 278-280, en Madrid.

- ¿Como se poden obter os diferentes informes que a compañía publica?


Ao igual que os resultados trimestrais, o resto da información que Repsol YPF publica atópase dispoñíbel en repsolypf.com, no apartado de 'Información económico-financeira', dende o momento en que é feita pública e pode ser descargada.

Tamén se pode solicitar, enchendo o formulario de 'Solicitude de publicacións' que está dispoñíbel na mesma Web ou poñéndose en contacto coa Oficina de Información ao Accionista (OIA) no teléfono gratuíto 900 100 100 por correo electrónico (infoaccionistas@repsolypf.com) ou acudindo en persoa ao Paseo de la Castellana nº 278-280, en Madrid.

- ¿Como se poden recibir alertas relacionadas cos eventos que teñen lugar e a compañía?


Enrepsolypf.com hai dispoñíbel un servizo de alertas que permite obter toda a información relativa á compañía, completamente actualizada e personalizada, a través do correo electrónico ou do teléfono móbil.

Deste xeito, poderanse recibir:

  • Notas de prensa: cada vez que Repsol YPF emita unha nota de prensa recibirase unha alerta. Tamén, se se prefire, se pode escoller o tema que máis se axuste ás necesidades de cada un. Así, pódese elixir entre alertas de: Organización e Nomeamentos, Financeiros, Exploración e Produción, Refino e Márketing, Produtos e Servizos, Química, GLP, Gas e Electricidade, Innovación e Tecnoloxía, Ambiente, Responsabilidade Corporativa, Acción Social e Mecenado, Patrocinio Deportivo e Premios.
  • Feitos relevantes
  • Presentacións
  • Informes corporativos
  • Axenda do investidor: tamén se poderán recibir recordatorios dos eventos coa antelación que se desexe.
  • Cotizacións de Repsol YPF en bolsa
  • Últimas actualizacións            

Última actualización: 1 ago 2006


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.