Segundo a clasificación elaborada pola prestixiosa consultora Hallvarsson & Halvarsson e publicado por Financial Times
· Repsol YPF é a segunda compañía europea, con 88, 75 puntos, 11 máis que o ano 2006.
· Máxima puntuación en Información financeira e información xeral da compañía.
· Achega 15 " mellores prácticas" dos criterios avaliados.
· Por cuarto ano consecutivo repsolypf.com mantén o seu liderado absoluto entre as empresas do Ibex-35.
Repsol YPF é a primeira compañía enerxética de Europa pola súa transparencia e mellores prácticas nos contidos do seu web corporativo e ocupa o segundo posto da clasificación global das empresas con maior capitalización bolsista de Europa, segundo o clasificación web elaborada pola prestixiosa consultora sueca de comunicación financeira Hallvarsson&Halvarsson.
Repsol YPF obtivo a máxima puntuación nos apartados de información financeira e información xeral da compañía, e achega 15 " mellores prácticas" dos criterios avaliados, fronte a 1 da edición anterior, en información financeira, responsabilidade corporativa, sala de prensa e portada.
Por cuarto ano consecutivo, Repsol YPF lidera a clasificación de webs corporativos do Ibex 35, obtén 88,75 puntos sobre 100, a máxima puntuación obtida pola compañía dende que se realiza esta clasificación, e cunha diferenza de 0,25 puntos sobre a primeira clasificada.
O estudo, publicado por Financial Times avalía 125 atributos que varían dun ano a outro e que se extraeron dunha enquisa realizada a máis de 300 analistas, xornalistas e investidores de Europa. Nesta edición aumentou o nivel de esixencia ao se incrementar o número de empresas participantes, que pasou das 513 da pasada edición a 630 webs analizados durante o 2007. Para realizar a clasificación, a consultora analiza dúas veces ao ano, con diferentes avaliadores, cada un dos webs corporativos.
O resultado deste webranking reforza outros recoñecementos obtidos ao longo do 2007:
· Premio AUI á Mellor Empresa. Estes premios, convocados pola Asociación de Usuarios de Internet dende 1997 teñen por finalidade recoñecer empresas, administracións e persoas españolas que cos seus traballos, coas súas actividades e e cos seus proxectos contribuíron á difusión, ao uso e desenvolvemento da sociedade da información e de Internet.
· VI Premio AECA á Empresa con Mellor Información Financeira en Internet. Transparencia e Fiabilidade da Información Corporativa. Este premio,concedido pola Asociación Española de Contabilidade e Administración de Empresas recoñece as páxinas web que fan uso desta canle de comunicación para difundir a súa información corporativa, dada a importancia que as novas tecnoloxías teñen no desenvolvemento dun mercado de información máis eficiente e dos seus efectos sobre a correcta asignación dos recursos económicos.
· Premio AEMEC á Transparencia, concedido pola Asociación Española de Accionistas Minoritarios (AEMEC), que valora o esforzo realizado por Repsol YPF en materia de transparencia e nas súas relacións cos distintos grupos de interese, en particular os accionistas minoritarios.
O portal repsolypf.com considérase como unha ferramenta de xestión corporativa e de negocios ao servizo dos diferentes grupos de interese da compañía. Os datos do número de visitas e de páxinas visitadas, 8 millóns e 125 millóns, respectivamente, aválana como un dos webs de empresas do Ibex-35 máis visitados.
No web pódense consultar todos os informes financeiros, de xestión e de responsabilidade corporativa da compañía; a cotización en tempo real, recibir alertas gratuítas, notas de prensa, etc. Tamén se poden seguir en tempo real os principais eventos da compañía como a Xunta Xeral de Accionistas ou a presentación de resultados. repsolypf.com destaca, ademais de pola súa ampla información financeira e a rápida actualización dos seus contidos, pola súa accesibilidade, a variedade de versións idiomáticas (español, inglés, portugués, catalán, éuscaro e galego) e polo seguimento da información para os analistas.
Clasificación xeral: Top 20
| Clasificación | Compañia | URL | Puntos |
| 1 | Telecom Italia | www.telecomitalia.com | 89 |
| 2 | Repsol YPF | www.repsolypf.com | 88,75 |
| 3 | UniCredit | www.unicreditgroup.eu | 87,75 |
| 4 | TNT | www.tnt.com | 87,25 |
| 5 | Fortum | www.fortum.com | 85,5 |
| 6 | ENI | www.eni.it | 83,5 |
| 7 | UBS | www.ubs.com | 83 |
| 8 | Deutsche Post | investors.dpwn.com/en/index.htm | 77,25 |
| 9 | Swisscom | www.swsisscom.com | 77 |
| 10 | Danske Bank | www.danskebank.com | 76,5 |
| 11 | Atlas Copco | www.atlascopco-group.com | 74,5 |
| 11 | Credit Suisse | www.creditsuisse.com | 74,5 |
| 13 | Norsk Hydro | www.hydro.com | 73,75 |
| 13 | TeliaSonera | www.teliasonera.com | 73,75 |
| 15 | Nordea Bank | www.nordea.com | 73,25 |
| 16 | Siemens | w1.siemens.com/en/index.htm | 73 |
| 17 | Nestle | www.nestle.com | 72,75 |
| 18 | Roche | www.roche.com | 72,25 |
| 19 | RWE | www.rwe.com | 72 |
| 20 | Deutsche Bank | www.db.com | 71,25 |
Compañías petroleiras
| Clasificación | Compañia | URL | Puntos |
| 2 | Repsol YPF | www.repsolypf.com | 88,75 |
| 6 | ENI | 83,5 | |
| 29 | Bp | 68,25 | |
| 61 | Statoil | 60,75 | |
| 74 | Royal Dutch Shell | www.shell.com | 58 |
| 105 | total | www.total.com | 53 |
Compañías españolas
| Clasificación | Compañia | URL | Puntos |
| 1 | Repsol YPF | www.repsolypf.com | 88,75 |
| 2 | Telefónica | www.telefonica.com | 58,75 |
| 3 | BBVA | www.bbva.com | 58 |
| 4 | Abertis | www.abertis.com | 55,25 |
| 5 | ACS | www.grupoacs.com | 51,25 |
| 6 | Gas natural | portal.gasnatural.com | 50 |
| 7 | Inditex | www.inditex.com | 48,75 |
| 8 | Santander Central Hispano | www.santander.com | 47,5 |
| 9 | Iberdrola | www.iberdrola.com | 46,25 |
| 10 | Altadis | www.altadis.com | 43 |
| 10 | Endesa | www.endesa.com | 43 |
| 12 | Union Fenosa | www.unionfenosa.com | 41,5 |
| 13 | ACCIONA | www.acciona.com | 37,75 |
| 14 | Cepsa | www.cepsa.com | 34,25 |
| 15 | Banco Popular Español | www.bancopopular.es | 28,25 |
Última actualización: 8 feb 2008
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.