Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Responsabilidade corporativa > Os nosos principios > Índices e inicativas
Recoñecementos e presenza externa

Repsol YPF continúa desenvolvendo esforzos para mellorar os seus procedementos e as súas prácticas en materia de responsabilidade corporativa.

Dow Jones Sustainability Indexes
Dow Jones Sustainability Indexes

Repsol YPF forma parte, dende 2006, dos selectivos índices de sostibilidade global e europeo do Dow Jones, DJSI World e DJSI STOXX, respectivamente.
www.sustainability-indexes.com


FTSE4Good
FTSE4GOOD INDEX SERIES

A compañía forma parte do índice FTSE 4 Good, que xunto cos índices de sostibilidade do Dow Jones, constitúen os índices selectivos máis prestixiosos en materia de responsabilidade corporativa. En 2008 lanzouse o FTSE 4 Good Ibex do que Repsol YPF forma parte.
www.ftse.com/Indices/FTSE4Good_Index_Series


Carbon Disclosure Project
Carbon Disclosure Project

Repsol YPF forma parte do Climate Leadership Index (CLI), iniciativa auspiciada por Carbon Disclosure Project, da que forman parte algúns dos principais investidores institucionais do mundo, e onde Repsol YPF obtén en 2007 a mellor cualificación sectorial polo seu enfoque e pola súa xestión ante o cambio climático por segundo ano consecutivo.
www.cdproject.net


Óptima
Progrma Optima

A compañía foi recoñecida como entidade colaboradora en igualdade de oportunidades entre mulleres e homes polo Programa Óptima do Instituto da Muller, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.
www.tt.mtas.es/optima/contenido/index.html


The Global Compact
The Global Compact

Repsol YPF sumouse en 2003 ao Pacto Mundial (Global Compact) de Nacións Unidas, unha iniciativa co obxectivo de que as empresas acollan, como parte integrante da súa estratexia e das súas operacións, dez principios relacionados cos dereitos humanos, coas condicións laborais, co ambiente e coa loita contra a corrupción. Ademais forma parte das redes locais en España (ASEPAM), Arxentina (Grupo promotor do Pacto Global en Arxentina) e Bolivia.
www.unglobalcompact.org
www.pactomundial.org
www.pactoglobal.org.ar


World Business Council for Sustainable Development
World Business Council for Sustainable Development

Repsol YPF é membro do World Business Council for Sustainable Development (WBCSD), organismo que agrupa máis de 180 empresas internacionais unidas para promover o liderado empresarial e avanzar cara ao desenvolvemento sostíbel a través da responsabilidade corporativa. Ademais forma parte da rede rexional española a través da Fundación Ámbito-BCSD
www.wbcsd.org
www.fundacionentorno.org


Extractive Industries Transparency Initiative
EITI

A compañía é membro fundador de Extractive Industries Transparency Initiative (EITI), iniciativa que ten o obxectivo de impulsar un marco de transparencia entre as compañías do sector extractivo e os gobernos dos países anfitrións, co fin de reducir a pobreza e promover o desenvolvemento socioeconómico dos países con recursos extractivos.
www.eitransparency.org


Proteus
Proteus

Repsol YPF é socio de Proteus, proxecto nacido en 2002 baixo a iniciativa do United Nations Environmental Programme (UNEP) e o World Conservation Monitoring Centre (WCMC). Ten como visión crear un sistema descentralizado, sinxelo e avanzado que permita almacenar e xestionar información sobre áreas protexidas, así como reportar tendencias na materia. Todo iso dun modo conforme ás mellores prácticas e que permita unha integración sinxela tanto doutras fontes de información coma das opinións dos usuarios.
proteus.unep-wcmc.org


International Petroleum Industry Environmental Conservation Association
IPIECA

Repsol YPF é membro da International Petroleum Industry Environmental Conservation Association (IPIECA), organización creada en 1974 e que ten como misión o desenvolvemento e a promoción de solucións técnicas eficientes, prácticas, sociais e economicamente aceptábeis en relación aos aspectos ambientais e sociais da industria do petróleo. A compañía participa activamente en distintos grupos de traballo desta asociación.
www.ipieca.org


Asociación Rexional de Empresas de Petróleo e Gas Natural de América Latina e o Caribe
Arpel

A compañía forma parte da Asociación Rexional de Empresas de Petróleo e Gas Natural de América Latina e o Caribe (ARPEL). Trátase dunha asociación onde se intercambian ideas, experiencias e coñecementos. Está formada por 25 empresas dos sectores de distribución de gas natural e petróleo de América Latina e o Caribe. A compañía participa activamente en distintos grupos de traballo desta asociación.
www.arpel.org


Foro de Reputación Corporativa
Foro Reputación Corporativa

Repsol YPF é membro fundador do Foro de Reputación Corporativa, constituído en 2002 como foro de análise e divulgación de tendencias, ferramentas e modelos de reputación corporativa na xestión empresarial. Este foro de intercambio é un punto de referencia no desenvolvemento da materia. Durante o ano 2007 Repsol YPF asumiu a presidencia do Foro. Neste ano, o proxecto máis significativo foi a campaña de difusión dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, 2015 Un mundo mellor para Joana.
www.reputacioncorporativa.org
www.2015unmundomejorparajoana.com


Internacional Association of Oil & Gas Producers
OGP

Repsol YPF forma parte dos comités de seguridade, ambiente, calidade ambiental e de estándares da Internacional Asssociation of Oil & Gas Producers (OGP). A compañía participa activamente en distintos grupos de traballo desta asociación.
ww.ogp.org.uk


Última actualización: 14 maio 2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.