"Unidade de queimados de Bolivia"
Repsol YPF colaborou na mellora do Hospital de nenos Mario Ortiz en Bolivia cuxo servizo Queimados e cirurxía plástica reconstrutiva conta con modernas infraestruturas e equipamento de última xeración. As devanditas melloras benefician a nenos de escasos recursos que sofren queimaduras.
Máis Información:
I. Descrición do proxecto
Repsol YPF, entregou en 2006 aproximadamente 46.000 € para o financiamento da construción e equipamento do Hospital de Nenos Mario Ortiz que duplicou a súa capacidade de atención.
O centro ten unha superficie de 350 metros cadrados e conta cun quirófano, dúas salas de ingreso, unha sala de recuperación, dúas unidades de illamento e coidados intensivos, un consultorio médico, unha sala de emerxencia, vestiarios para o persoal e unha sala de esterilización, entre outros espazos.
a) Obxectivos alcanzados
· Coa nova infraestrutura, o servizo duplica a súa capacidade de 8 a 16 camas para atender pacientes dende nenos que acaban de nacer ata 14 anos de idade.
· Incorporación de profesionais na área de psicoterapia e fisioterapia, que son esenciais para que os pequenos que sufriron queimaduras poidan rehabilitarse plenamente.
b) Beneficiarios
· Con esta ampliación atenderase unha media de 350 nenos por ano.
Última actualización: 12 dec 2007
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.