Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > Compromiso social > Programas sociais > Desenvolvemento comunitario
Desenvolvemento comunitario
Desarrollo comunitario

O desenvolvemento das comunidades constitúe un dos principais propósitos dos programas de compromiso social de Repsol YPF. Selecciónanse proxectos que beneficien ao maior número de persoas e que poidan converterse en programas sostíbeis no tempo para o desenvolvemento de capacidades endóxenas no seo das comunidades onde se executan.

En Venezuela, RepsolYPF participou como cooperante financeiro do "Proxecto de unidades de produción de porcinos de alta xenética", para apoiar mulleres e familias campesiñas propietarias de unidades produtoras de porcinos. O programa pretende mellorar as condicións de vida de familias pobres habitantes de casaríos rurais situados nas comunidades de Sipororo e Agua de Ángel, no municipio San Xenaro de Boconoíto, Estado Portuguesa. Este municipio conta cunha extensión de 1.031 Km2 e unha poboación de 22.049 persoas.

Os resultados son positivos, considerando que se logrou aumentar nun 800 por cento a produtividade. Os novos apicultores hoxe producen produtos derivados, como xabón, e remedios caseiros e algúns convertéronse en capacitadores dos seus veciños.


Desarrollo comunitario

O programa de voluntariado de RepsolYPF Perú denominado "Manos Amigas" está conformado por traballadores de RepsolYPF, que voluntariamente veñen realizando xornadas de traballo en colexios, comedores e asentamentos de Lima e Ventanilla. En 2006 colaboraron en labores de construción de casas modulares para poboadores de Ventanilla de baixos recursos, onde participaron preto de 100 voluntarios de RepsolYPF. 

O obxectivo da iniciativa é integrar aos traballadores ás accións de Diálogo e compromiso coa sociedade 93 responsabilidade social que promove a compañía. O obxectivo específico é axudar á construción de vivendas na zona de Ventanilla, lugar onde Repsol YPF ten unha das súas refinarías. O proxecto busca sensibilizar e xerar compromiso nos traballadores, amosándolles unha realidade que se poida cambiar se se actúa en conxunto. En Chile colabórase con Sociedad Activa (representante en Chile do United Way internacional), consistente nunha iniciativa multiempresas que teñen como obxectivo xuntar os esforzos das empresas e dirixilos a intervir nunha comunidade especifica de xeito integral para romper o círculo de pobreza dos seus habitantes.

Máis información en: Informe de Responsabilidade Corporativa 2006


Última actualización: 14 xan 2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.