
Repsol YPF colabora na execución de proxectos de integración social, dirixidos a colectivos en risco de exclusión e a grupos desfavorecidos, coa finalidade de mellorar as súas posibilidades de integración na sociedade. Estes proxectos son desenvolvidos xeralmente da man de organizacións especializadas en atender a estes colectivos.
En España, cabe destacar a colaboración continuada coa Fundación Bobath, que no ano 2007 se centrou en conseguir a inserción sociolaboral de persoas gravemente afectadas de parálise e dano cerebral, mediante a súa capacitación en habilidades persoais e en coñecementos teórico-prácticos na área da xestión administrativa.
Dentro da integración de persoas con capacidades diferentes, Repsol YPF colabora dende o ano 2003 coa Fundación También no desenvolvemento do programa de Ciclismo adaptado para persoas con minusvalía en España. Este proxecto utiliza a disciplina deportiva do ciclismo adaptado para axudar ao desenvolvemento e rehabilitación deste colectivo.
As accións destinadas á integración social son particularmente relevantes en Brasil. Xunto a "La Usina", desenvolvemos o proxecto "Red Activos", que busca promover un cambio de actitude con respecto á discapacidade, fomentando a autonomía social e económica dos traballadores con discapacidade. A través da adaptación dos talleres de produción protexidos, búscase mellorar a súa capacidade produtiva e a relación con clientes. Durante este ano, brindáronse 3 capacitacións, cun total de 12 horas sobre cálculo de custo de produtos cun seguimento por medio de mentorías a cada taller.
Durante o ano 2007, lanzamos unha campaña de concienciación polo día internacional da discapacidade, en todas as estacións da rede propia de estacións de servizo, a través de flyers con información sobre o tema
Máis información en: Informe de Responsabilidade Corporativa 2007
Última actualización: 14 maio 2008
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.