Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > Compromiso social > Programas sociais > Políticas
Políticas e criterios de actuación

Asumimos como principio de actuación empresarial o logro dunha xestión eficaz enmarcada nos principios do desenvolvemento sostíbel. Para iso desenvolvemos unha estratexia corporativa cuxos principais piares son: a integración de medidas e actuacións concretas que colaboran ao desenvolvemento da sociedade, a protección do medio e o estabelecemento dunha política de Recursos Humanos que potencie a mellora continua das relacións laborais.

De acordo con esta estratexia, a Compañía subscribiuse aos dez principios universais estabelecidos no Pacto Mundial (Global Compact) das Nacións Unidas relativos aos dereitos humanos, ás normas laborais e ao respecto ao medio.

As nosas políticas de actuación susténtanse, a partir dos enunciados propostos na nosa Misión e Visión corporativas e guíanse de acordo coas seguintes directrices:

  • Consolidar a posición de Repsol YPF en todos os países onde temos presenza, estabelecendo relacións duradeiras cos nosos accionistas que se baseen na confianza mutua.
  • Dentro dun marco ético realizar accións que favorezan o compromiso da nosa Compañía coa sociedade e que fomenten, pola súa vez, a achega recíproca de valor.    

En materia de Acción Social a actuación céntrase nas áreas detalladas a continuación:

  • Educación e Formación: con programas universitarios e de posgrao desenvolvidos pola Fundación Repsol YPF e outros proxectos que inciden no ensino primario e secundario.
  • Saúde: apoiamos proxectos e programas que contribúan a mellorar as condicións sanitarias e a calidade de vida da poboación.
  • Integración Social, a través de proxectos dirixidos a grupos desfavorecidos, que axuden á súa integración na sociedade.
  • Desenvolvemento Comunitario é un obxectivo prioritario en Repsol YPF. Seleccionamos proxectos que beneficien ao maior número de persoas e que poidan converterse en programas autosustentábeis para o desenvolvemento da comunidade onde se realizan. 
  • Medio: apoiamos a realización de programas destinados á conservación da biodiversidade nos países onde temos presenza.
  • Voluntariado Corporativo: con proxectos realizados polos empregados de Repsol YPF que ofrecen o seu tempo e esforzo co obxectivo de realizar unha Acción Social determinada.    

En materia de Mecenado Cultural a actuación céntrase nas seguintes áreas:

  • Artes Plásticas: a través de colaboracións con museos, exposicións e iniciativas que abrangan a fotografía, a pintura e a escultura.
  • Música: co patrocinio de concertos de música clásica e outros proxectos que se valoran de acordo coa súa achega cultural.
  • Recuperación do Patrimonio Histórico en zonas con presenza destacábel de Repsol YPF e en proxectos de transcendencia nacional e universal.
  • Seminarios e Conferencias: a través de colaboracións con institucións académicas ou técnicas en colaboración coas liñas de negocio da Compañía.
  • Publicacións: a través de colaboracións con institucións académicas ou técnicas en colaboración coas liñas de negocio da Compañía.    

Que patrocinamos

Patrocinamos proxectos que se encadren dentro dos seguintes criterios:

  • Que sexan promovidos por Institucións de recoñecido prestixio.
  • Que se realicen preferentemente en réxime de exclusiva.
  • Que teñan unha repercusión no tempo, é dicir con beneficios a medio e longo prazo.
  • Que se localicen dando prioridade a aqueles lugares onde temos presenza.
  • Que posúan un claro trasfondo social ou cultural, nunca actos de mercadotecnia pura.    

Para coñecer como contactarnos prema aquí

Última actualización: 12 dec 2007


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.