Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > Compromiso social > Programas sociais > Ambiente
Ambiente
Medio ambiente

Tanto en educación e formación como en desenvolvemento comunitario lévanse a cabo proxectos de concienciación sobre o coidado e protección do medio. Do total do investimento social en 2006, aproximadamente 1,5 millóns de euros, equivalente a un 6% do total, destináronse a esta finalidade.

Exemplo disto é o Programa  " Nuestro ambiente, nuestro hogar" desenvolvido por Repsol YPF Bolivia nas comunidades onde a compañía desenvolve as súas operacións.

En 2006, e por terceiro ano consecutivo, a capacitación realizouse en 25 unidades educativas de Santa Cruz, Cochabamba e Tarija. Máis de 3.100 estudantes aprenderon a manexar e separar o lixo a través de representacións teatrais e monicreques. Estas actividades reforzáronse coa entrega de contos e materiais escolares, de maneira que os nenos poidan facer seus os conceptos que lles permitirán sumarse á protección da natureza.

Repsol YPF participa no proxecto “Biodiversidad marina en el litoral patagónico” dende 2004, o cal consiste nun programa a longo prazo de identificación e censo de exemplares da balea franca (Eubalaena australis) en Puerto Madryn e Puerto Pirámide, provincia de Chubut, Arxentina.

O principal obxectivo é a realización de censos costeiros mediante a foto-identificación das baleas francas que frecuentan o Golfo Nuevo. Así mesmo, o proxecto tamén pretende a obtención de información sobre a bioloxía e ecoloxía destas especies e a súa interacción coas actividades humanas da rexión, así como a realización de actividades divulgativas e educativas en relación á balea franca austral.


Última actualización: 14 xan 2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.