Entre os moitos compromisos que o grupo Repsol YPF adquire coa sociedade como unha das primeiras empresas españolas, está o da integración no seu persoal de persoas dotadas de capacidades diferentes. Trátase dunha actitude que responde plenamente á filosofía de responsabilidade social do grupo, cuxo máximo exemplo pódese atopar na nova estación de servizo accesíbel de Móstoles.

En marzo de 2008, o grupo Repsol YPF daba emprego a un total de 365 persoas con capacidades diferentes. Iso supón un 2,04% do total do seu persoal e evidencia un crecemento sostido do peso relativo deste sector da poboación na nómina de empregados do grupo ao longo dos anos. A barreira do 2% é o mínimo estabelecido pola Lei de Integración Social dos Minusválidos (1982), que indica que as empresas públicas e privadas con máis de 50 traballadores fixos teñen que ter esa porcentaxe de empregados con capacidades diferentes.
En todo caso, o grupo Repsol YPF alude ao compromiso social antes que ás disposicións legais para afrontar un ambicioso proxecto de integración progresiva de máis traballadores nestas condicións. Segundo o Acordo Marco vixente na actualidade, existe o compromiso de contratar un mínimo de 190 persoas discapacitadas nos próximos anos. Ademais, en novembro de 2006 o grupo Repsol YPF asinou o convenio INSERE coa Fundación ONCE, que garante que ao longo de tres anos producirase a contratación de 150 persoas con capacidades diferentes.
Última actualización: 5 maio 2008
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.