As nosas accións réxense pola ética e a transparencia. A nova Visión Estratéxica recolle os nosos sinais de identidade e convértese nun elemento motivador e de impulso para toda a organización. Implica un renovado compromiso cos nosos grupos de interese. Con todos eles Repsol YPF comprométese a garantir a transparencia e o bo goberno corporativo, a contribuír ao desenvolvemento sostíbel e a satisfacer axeitadamente as súas expectativas con esforzo, anticipación, confianza e calidade.
As accións da Compañía están guiadas por valores éticos irrenunciábeis e fundamentais que son os seguintes:
Así mesmo, Repsol YPF definiu catro valores profesionais sobre os que se sustentan as vantaxes competitivas da compañía:
Estes valores son a base do noso compromiso cos diferentes grupos de interese. Goberno corporativo Repsol YPF fixo unha aposta decidida polo bo goberno corporativo e a transparencia. Dende a súa creación, a Compañía mostrou unha especial sensibilidade para asumir principios de autorregulación en materia de Goberno Corporativo, manténdose á vangarda no cumprimento das prácticas de Bo Goberno, que se revisan e melloran constantemente para potenciar a participación dos accionistas nas decisións empresariais e aumentar a confianza dos investidores.
-1995 Primeira compañía española que adopta un Regulamento do Consello de Administración seguindo os principios do Informe Cadbury.
-1997 Regulamento do Consello de Administración que anticipa os principios do Código Olivencia.
-1998 Inclusión no Informe Anual da compañía de información relativa ao cumprimento das recomendacións do Código Olivencia.
-2002 Incorporación dos principios da Sarbanes Oaxley Act. Informe Aldama e Lei 44/2002 de Reforma do Sistema Financeiro, creación do Comité Interno de Transparencia-2003 Adaptación aos principios da Lei de Transparencia (Lei 26/2003)
Ver o Informe de Goberno Corporativo
Amplíe esta información visitando a sección relativa a Goberno Corporativo da compañía.
Norma de ética e conduta
Os valores que orientan o comportamento dos que traballamos en Repsol YPF, atópanse descritos na Norma de Ética e Conduta dos empregados de Repsol YPF (PDF 178Kb), primeiro código ético de aplicación para os seus empregados en todo o mundo.
Última actualización: 1 ago 2006
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.