Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Valores profesionais
Valores profesionales

Así mesmo, Repsol YPF definiu catro valores profesionais sobre os que se sustentan as avantaxes competitivas da compañía. Os valores profesionais son capacidades compartidas polas persoas de
Repsol YPF que permiten alcanzar a visión, cumprir os compromisos e levar a excelencia á xestión. Estes valores son as características que proporcionan unha avantaxe competitiva fronte ao exterior ao permitir a
unha organización obter uns beneficios estábeis no tempo mediante medios e formas non doadamente imitábeis por outros competidores:

1. Liderado
Dirección basada na motivación, a delegación, a responsabilidade, a participación e o traballo en equipo que impulse á organización cara á nova Visión.

2. Orientación a resultados
Unha xestión máis flexíbel, áxil e con procesos eficientes.

3. Innovación
Actitude de permanente mellora e innovación, asegurando o acceso á información, xestionando o coñecemento e promovendo o desenvolvemento tecnolóxico.

4. Orientación ao cliente
Anticipación das necesidades dos clientes con rapidez e axilidade.


Última actualización: 23 abr 2007


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.