Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > Todo sobre Repsol YPF > Responsabilidade corporativa > Informe de Responsabilidade Corporativa
Carta do Presidente Executivo
Antonio Brufau Niubó

Esta é unha esixencia á que en Repsol YPF podemos, sabemos e queremos dar resposta. Ese é o noso obxectivo cando melloramos a eficiencia dos nosos procesos e produtos, minimizamos o seu impacto ambiental e situámonos á vangarda dos desenvolvementos tecnolóxicos da nosa industria.

Respondemos tamén ás expectativas dos grupos de interese con políticas específicas dirixidas a atraer e reter o talento, estabelecemos relacións de confianza coas comunidades locais, preservamos a biodiversidade e aplicamos criterios de transparencia nas relacións coas autoridades dos países onde estamos presentes.

Todo isto sen esquecer que en Repsol YPF desenvolvemos actividades en máis de trinta países, ao tempo que operamos en ámbitos sociais, culturais e económicos moi diversos. Neste sentido, aplicamos estándares, políticas e prácticas globais, pero sen deixar de lado a sensibilidade local que nos permite entender e responder ás necesidades específicas das diferentes comunidades coas que nos relacionamos nas distintas fases do noso negocio.

A atención ás particularidades locais axúdanos a estar preto do que preocupa á sociedade reducindo os riscos sociais, ambientais e de orde ético inherentes á nosa actividade. Permítenos, ademais, protexer e reforzar a nosa reputación, identificar oportunidades de negocio e xerar confianza social na nosa Compañía.

Para afrontar estes retos, no ano 2007 comezaron a executarse as accións previstas no Plan Director de Responsabilidade Corporativa 2007-2009 de Repsol YPF. Neste sentido, satisfaime destacar que á finalización do exercicio, puxéranse en marcha máis de trinta accións do mencionado plan, case un 50% do total previsto para os seus tres anos de vida.

Os esforzos de Repsol YPF en materia de transparencia, sostibilidade e responsabilidade corporativa son valorados cada vez máis positivamente pola sociedade. A nosa compañía forma parte, entre outros, do Dow Jones Sustainability Index e do Climate Leadership Index, o que supón un recoñecemento externo, e validado polos mercados, do esforzo da compañía en cuestións como a transparencia informativa e o cambio climático.

Estes recoñecementos son un indubidábel estímulo para todos os que en Repsol YPF traballamos para facer que a nosa Compañía cumpra co papel que lle corresponde na sociedade e, dese modo, contribúa ao obxectivo compartido de construír un mundo mellor para todos. Neste sentido, quero recordar a adhesión de Repsol YPF ao Pacto Mundial de Nacións Unidas, cuxos dez principios consideramos a base sobre a que construír empresas responsábeis e conscientes dos retos globais, fronte aos que a comunidade empresarial ten que actuar.

Durante 2007, avanzamos de xeito significativo en materia de bo goberno e responsabilidade corporativa. O Consello de Administración de Repsol YPF acordou a modificación do seu Regulamento, referendando o compromiso da compañía coa responsabilidade corporativa. Así mesmo, aprobáronse as funcións da Comisión de Estratexia, Investimentos e Responsabilidade Social Corporativa do Consello de Administración de Repsol YPF, que asume a supervisión das políticas, dos obxectivos e das directrices de Repsol YPF na materia.
Igualmente, o Consello de Administración aprobou a constitución da Comisión de Ética, encargada de velar pola difusión e polo cumprimento da Norma de Ética e Conduta na compañía.

O noso obxectivo é que este Informe reflicta equilibradamente o noso desempeño social e ambiental. Na súa elaboración, seguíronse as recomendacións da Guía para a Elaboración de Memorias de Sostibilidade da Global Reporting Initiative. Ademais, continuamos avanzando no alcance e na profundidade da información reportada e na súa transparencia.

Tamén, solicitamos de novo ao Comité Independente de Expertos que analice os contidos do noso Informe de Responsabilidade Corporativa. Unha vez máis, contamos coas súas conclusións, tanto para axudarnos a identificar os asuntos máis relevantes para os nosos grupos de interese, coma para mellorar a información que lles achegamos.

Nas seguintes páxinas poderán coñecer, en profundidade, as iniciativas que desenvolvemos para mellorar non só as nosas prácticas en materia de responsabilidade corporativa senón tamén a calidade da información que achegamos. Esperamos cumprir con ambos os dous obxectivos e que este informe sexa de utilidade a aqueles que desexen coñecer mellor o compromiso da nosa compañía coa sociedade.


Antonio Brufau Niubó

Última actualización: 14 maio 2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.