A captura e secuestro de CO2 representa actualmente unha das solucións máis prometedoras para reducir as emisións do principal gas de efecto invernadoiro: o CO2. Se ben esta alternativa non é a solución definitiva para a redución de emisións, si que existe un amplo abano de tecnoloxías, algunhas xa dispoñíbeis para a súa utilización a escala industrial e outras en desenvolvemento, que poden utilizarse con esta finalidade e dar tempo ao desenvolvemento de tecnoloxías moito máis complexas.
A captura e secuestro do carbono consiste na captura de CO2 dunha fonte emisora e a súa compresión, transporte e inxección en estruturas xeolóxicas subterráneas co fin de lograr un confinamento efectivo a longo prazo.
- Fontes que teñan emisións de CO2 que poidan capturarse
Estas tecnoloxías son aplicábeis a calquera fonte que emita grande cantidade de CO2, como por exemplo:
Segundo o informe especial sobre Captura e Almacenamento de CO2 publicado polo IPCC en outubro de 2005, o custo da captura en diferentes procesos industriais (refinarías, cementeiras, aceirías) atópase nun rango duns 25 a 115 US$/t CO2 neta capturada. O custo unitario da captura é xeralmente máis baixo para procesos onde a corrente de CO2 producida é máis pura, por exemplo, en plantas de hidróxeno, onde o custo varía entre 2 e 56 US$/t CO2 neta capturada.
- Potencial de almacenamento e formacións xeolóxicas aptas
O potencial de almacenamento existente é grande e está amplamente distribuído por todo o planeta. A Axencia Internacional da Enerxía (IEA), tras unha caracterización masiva de sistemas de petróleo e gas, estimou que, soamente en depósitos esgotados, poderían almacenarse 920.000 Mt CO2, é dicir, arredor do 45% das emisións de CO2 en todo o mundo ata 2050. Non obstante, estas non son as únicas formacións xeolóxicas capaces de almacenar CO2. O conxunto de formacións xeolóxicas aptas comprende:
- A experiencia da industria petroleira en captura e secuestro de CO2
Na industria petroleira a captura e o secuestro do CO2 é un proceso de uso relativamente común dende hai 30 anos. En moitos campos de produción de cru e gas obtéñense correntes de CO2 que, estando presente no depósito xunto aos hidrocarburos, é separado destes durante o proceso de produción co fin de obter produtos aptos para a súa venda. En determinados casos estas correntes de CO2 son inxectadas de novo no depósito para incrementar a presión deste e, deste modo, recuperar unha cantidade adicional de hidrocarburo que doutro modo quedaría no depósito sen poder ser extraido. Este proceso denomínase recuperación terciaria do hidrocarburo, ou, na súa terminoloxía anglosaxona, Enhanced Oil Recovery (EOR). Actualmente búscase a aplicación desta tecnoloxía na loita contra o cambio climático, capturando o CO2 que se produce en grandes focos emisores, almacenándoo en calquera das formacións xeolóxicas aptas en condicións seguras e duradeiras.
- A permanencia do CO2 baixo terra
¿Durante canto tempo permanece o CO2 baixo terra? Segundo o Informe Especial do Panel Intergobernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC) sobre Captura e Almacenamento de CO2, este permanece almacenado durante un prazo comprendido entre 10.000 e 10.000.000 de anos cando se inxecta nunha formación xeolóxica. A industria recoñece a existencia de certo temor por parte da sociedade, pois percíbense riscos asociados ao almacenamento subterráneo do CO2. Estes riscos son de dous tipos:
O risco que máis lle preocupa á sociedade é este último, pois a probabilidade do primeiro é moi remota. En proxectos de almacenamento ben deseñados e operados, a magnitude real destas fugas graduais é dunha orde similar á que presentan habitualmente os depósitos naturais de CO2.
En calquera caso, continúase investigando e traballando activamente para reforzar a seguridade e o control de todo o proceso, minimizando o risco de fugas. Mediante estes labores de investigación estase a conseguir, ademais, mellorar a tecnoloxía para facer o proceso máis competitivo economicamente mesmo en operacións sen recuperación terciaria de hidrocarburo. A día de hoxe existen xa algunhas oportunidades inmediatas para o secuestro de correntes de CO2 de elevada pureza que, sendo resultado de determinados procesos industriais, estanse a ventear á atmosfera.
De cara aos vindeiros anos espérase que o custo da captura e secuestro de CO2 se poida reducir ata nun 50%, o que podería converter este proceso nunha alternativa utilizábel comercialmente a grande escala.
Última actualización: 12 xull 2005
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.