O mecanismo de desenvolvemento limpo (MDL) é o primeiro dos mecanismos que integra consideracións de cambio climático e desenvolvemento sostíbel en proxectos concretos. Definido no artigo 12 do Protocolo de Kioto, este mecanismo xorde cunha dobre finalidade, axudar os países industrializados a cumprir os seus compromisos cuantificados de limitación do crecemento ou de redución das emisións de GEI e axudar os países non incluídos no Anexo I a lograr un desenvolvemento sostíbel contribuíndo ao obxectivo último da convención.
Mediante o uso deste mecanismo de flexibilidade, os países máis industrializados poden executar ou investir en proxectos de redución de emisións de GEI en países que non teñan estabelecidos compromisos de redución dentro do Protocolo, sempre e cando estes proxectos contribúan ao desenvolvemento sostíbel do país onde se leve a cabo. O obxectivo final para os países investidores é o de xerar Reducións Certificadas de Emisións (RCE) procedentes da actividade destes proxectos para contribuír ao cumprimento dos seus compromisos de redución e permitir que o crecemento dos países con economías emerxentes suceda de tal forma que non agrave aínda máis o problema do cambio climático.
As regras que rexen o MDL foron estabelecidas en 2003 nos acordos de Marrakech e son cumpridas polas decisións da xunta executiva do MDL e polas decisións subsecuentes das Conferencias das Partes (COP).
Para que un proxecto sexa considerado elixíbel dentro do MDL cómpre que satisfaga dúas condicións fundamentais descritas no Protocolo de Kioto:
A demostración da adicionalidade dun proxecto pode realizarse a través do uso da ferramenta de adicionalidade definida pola xunta executiva, cuxo uso é de carácter voluntario.

O conxunto de etapas e procedementos que debe pasar un proxecto para ser considerado MDL e, polo tanto, xerar CERs, coñécese comunmente como Ciclo dun Proxecto MDL. Os pasos contidos no Ciclo móstranse a continuación:

A vantaxe principal que ofrece o MDL é a posibilidade de transferir tecnoloxías e enerxías menos emisoras a países menos eficientes enerxeticamente axudando a promover cambios fundamentais no uso e na produción de enerxía.
Oportunidades de redución en Repsol YPF
Última actualización: 8 xuñ 2007
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.