Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > Seguridade e Ambiente > Cambio climático > A nosa posición ante o cambio climático
A nosa posición ante o cambio climático
glaciar reflejándose en el agua

Repsol YPF comparte a preocupación das administracións públicas, os cidadáns e a sociedade no seu conxunto ante o impacto sobre o clima que a actividade humana está a causar e seguirá causando no futuro, con consecuencias aínda impredicíbeis.

A pesar das incertezas que aínda subsisten sobre a dimensión dos posíbeis impactos, Repsol YPF cre necesario aplicar o principio de precaución, limitando as emisións á atmosfera dos chamados Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) con criterios de viabilidade técnica e eficiencia económica.

Para iso a compañía realiza dende hai anos un grande esforzo para aumentar o aforro e a eficiencia enerxética e reducir as emisións de GEI nas súas operacións.

Ademais, Repsol YPF declara a súa disposición a colaborar coas administracións públicas dos países onde opera para facilitar o cumprimento dos compromisos internacionais adquiridos singularmente no Protocolo de Kioto.

Neste contexto, xunto á redución directa de emisións nos países industrializados, Repsol YPF aposta polo uso dos Mecanismos de Flexibilidade do Protocolo, en especial o Mecanismo de Desenvolvemento Limpo, como forma de alcanzar os obxectivos de redución global das emisións de GEI, utilizando eficientemente os recursos e contribuíndo á transferencia tecnolóxica e ao desenvolvemento sostíbel dos países.

Así mesmo, Repsol YPF avala outras iniciativas baseadas no mercado que permitan optimizar de forma flexíbel o emprego dos recursos e non danen a competitividade da industria.

O cambio climático é un problema global non só pola súa dimensión planetaria, senón tamén porque é consecuencia de diversas actividades humanas que implican a todos os axentes sociais. Repsol YPF está disposta a contribuír responsabelmente ao grande desafío que supón a mitigación do cambio climático. 

Volver


Última actualización: 8 xuñ 2007


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.