A contaminación atmosférica pode deberse tanto a fontes naturais como antropoxénicas, tal é o caso da actividade industrial. Consciente diso Repsol YPF desenvolveu programas de seguimento para o control e a redución das emisións ao aire asociadas ás operacións da compañía, así como actuacións de mellora de eficiencia enerxética. Os principais contaminantes á atmosfera, ademais dos gases de efecto invernadoiro, son SO2, NOx, CO, partículas e compostos orgánicos volátiles non metánicos (COVNM) que proceden principalmente das instalacións de combustión, de correntes venteadas e de tanques de almacenamento. O SO2 procede maioritariamente do xofre contido nos combustíbeis empregados como achega enerxética nos procesos industriais. A súa presenza na atmosfera é responsábel de episodios de chuvia ácida. Para minimizar as emisións Repsol YPF leva a cabo as seguintes medidas:
O NOx prodúcese durante a combustión debido maioritariamente ao nitróxeno presente na atmosfera. O 50% das emisións procedentes das operacións da compañía son debidas aos motores.
Este contaminante é responsábel tamén da chuvia ácida e precursor do ozono troposférico. Repsol YPF reduce estas emisións mediante:
Os compostos orgánicos volátiles non metánicos (COVNM) interveñen de forma indirecta nos procesos de formación de chuvia ácida e de smog fotoquímico. Estes compostos emítense principalmente durante as operacións de extracción de cru e gas, en terminais de almacenamento, en estacións de servizo durante o manexo de gasolinas, e en xeral debido a emisións fuxitivas procedentes de perdas en compoñentes (xuntas, selos, válvulas, bridas...).
As actuacións están orientadas a reducir as emisións nestes focos:
Entre outras ferramentas, disponse dunha Norma Corporativa a nivel mundial, cuxa finalidade é a xestión axeitada das emisións atmosféricas.
Enlaces de interese:
Os nosos datos / Casos de estudo / Indicadores GRI
Última actualización: 14 maio 2008
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.