Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > Seguridade e Ambiente > Ambiente > Xestión da auga
Xestión da auga
rió con árboles en las orillas

A auga é un recurso natural indispensábel para a existencia da vida no planeta. Á súa vez, a auga doce, elemento imprescindíbel para os seres humanos, é un ben escaso. Estas circunstancias determinan a necesidade de desenvolver xestións que se orienten ao seu uso racional e á súa protección fronte a calquera proceso de contaminación. O consumo de auga nas actividades de Repsol YPF prodúcese principalmente en sistemas de refrixeración, de produción de vapor e en operacións de purificación de produtos. 

Como consecuencia, xéranse efluentes residuais que se tratan e posteriormente vértense aos corpos receptores (mar e ríos). Dentro dos contaminantes máis relevantes cabe citar os hicrocarburos, os sólidos en suspensión e a Demanda Química de Osixeno (DQO). Ademais xéranse outros contaminantes de menos relevancia (amoníaco, nitratos, fosfatos, fenois, sulfuros e DBO - Demanda Biolóxica de Osíxeno).

En todos os casos se require unha axeitada xestión por tratarse dun dos impactos ambientais máis significativos nas actividades da compañía. Os principios da súa xestión son: 

Un caso especial ten lugar durante as operacións de extracción de cru e gas, xa que frecuentemente van acompañadas dunha auga de produción que se inxecta de novo nos depósitos, reducindo o impacto nas verteduras. Todos estes compromisos recóllense na norma corporativa da compañía sobre a xestión das augas. 

Enlaces de interese:

Os nosos datos / Casos de estudo / Indicadores GRI 

Volver


Última actualización: 30 maio 2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.