Política de seguridade, saúde e medio de Repsol YPF
Repsol YPF asume o compromiso de desenvolver as súas actividades considerando como valores esenciais a seguridade, a saúde das persoas e a protección do medio.
Para logralo, Repsol YPF guiarase polos seguintes principios:
- Liderado e xestión integrada
A Dirección liderará os programas de seguridade, saúde e medio e proporcionará os recursos necesarios asegurándose de que todo o persoal coñece e traballa de acordo cos principios estabelecidos. A liña de mando integrará a seguridade, a saúde e o medio na xestión do negocio e será responsábel da aplicación do sistema de xestión e da obtención dos seus resultados.
- Incorporación de criterios de seguridade, saúde e medio en todo o ciclo das actividades
Repsol YPF terá presente criterios de seguridade, saúde e medio na súa estratexia, en todas as súas actividades e durante todo o ciclo de vida destas co propósito de previr danos nas persoas e nos bens e minimizar o impacto sobre o ámbito e os efectos no cambio climático, respectando a biodiversidade e as comunidades locais.
- Cumprimento das normas
Repsol YPF cumprirá os requisitos legais vixentes en cada lugar, así como definirá a normativa interna necesaria estabelecendo estándares comúns de comportamento en materia de seguridade, saúde e de medio, con independencia da área xeográfica onde leve a cabo a súa actividade.
De igual xeito, planificará considerando as tendencias lexislativas e os estándares internacionais.
- Mellora continua
Repsol YPF estabelecerá obxectivos de mellora e metas en seguridade, saúde e medio de forma sistemática, avaliará o desempeño e aplicará as correccións necesarias para alcanzar os logros propostos.
Así mesmo traballará na busca de novas solucións técnicas, sobre cuestións de seguridade, saúde e protección ambiental.
- Comunicación e relacións coa sociedade
Repsol YPF manterá canles de comunicación cos grupos de interese, traballará conxuntamente coa sociedade achegando o seu coñecemento e informando de xeito fiábel e transparente sobre o seu desempeño e o efecto que as súas actividades e produtos causan sobre as persoas e o ámbito.
Sexa cal sexa o posto ou a situación xeográfica, todos os empregados son responsábeis da súa propia seguridade así como de contribuír á seguridade, saúde e desempeño ambiental individual e colectivo.
Repsol YPF considera que Cumprir e facer cumprir esta Política é responsabilidade de todas as persoas que participan nas súas actividades.
Volver
Última actualización: 14 maio 2008