Coidar da saúde e seguridade dos que traballan en Repsol YPF
A nosa meta é conseguir cero accidentes nas nosas operacións. Os nosos procesos de negocio deben continuar integrando os criterios de saúde e
seguridade en todas as súas fases, dende a planificación inicial, pasando pola xestión das operacións, ata o abandono das mesmas; ademais de procurar a mellora continuada das actitudes, prácticas e procesos que determinan o desempeño en seguridade.
Diminuír de forma continua o impacto ambiental das nosas actividades
A protección e conservación do contorno e da biodiversidade continuarán sendo elementos claves do noso horizonte estratéxico en todos os ámbitos da nosa actividade económica. A nosa prioridade continuará sendo a minimización na xeración de residuos e a redución da carga contaminante das nosas verteduras e emisións. Así mesmo, seguiremos traballando para mellorar os nosos sistemas de prevención de derramos e manteremos o esforzo de identificación, avaliación e corrección de posíbeis situacións de contaminación ocorridas no pasado.
Continuar innovando para acadar produtos cada vez máis limpos
Os nosos centros de tecnoloxía e investigación esfórzanse en desenvolver carburantes cada vez máis respectuosos co medio e lubricantes e asfaltos con mellores prestacións para os nosos clientes, adaptándose á demanda de produtos cunha calidade cada vez maior e un impacto ambiental substancialmente menor.