Aprendendo dos erros - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol
Todo sobre Repsol YPF Responsabilidade corporativa

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > Seguridade e Ambiente > Seguridade > Aprendendo dos erros
Aprendendo dos erros
Lupa

O obxectivo de Repsol YPF é conseguir lugares libres de accidentes. Unha ferramenta moi importante para alcanzar este obxectivo é a aprendizaxe dos nosos propios erros.
Para avanzar neste proceso de aprendizaxe é fundamental dar a maior difusión entre os nosos empregados e contratistas das leccións aprendidas dos nosos accidentes e doutros acontecidos na industria.

Para iso trabállase continuamente en mellorar as nosas ferramentas de comunicación, investigación e rexistro de accidentes e incidentes así como nas normas internas que soportan que isto se realice do xeito máis efectivo posíbel.

Reforzando o principio da seguridade integrada, a información de cada suceso realízase dende o lugar máis próximo onde acontecera un suceso e a Alta Dirección de Repsol YPF pode coñecer nun período de tempo moi curto toda a información relativa aos sucesos máis graves, así como os incidentes con alto potencial de causar accidentes graves.

En canto á investigación, trabállase en que se investiguen a maior cantidade de sucesos posíbeis, dando grande importancia aos incidentes con potencial de causar accidentes graves, e en identificar as causas básicas, que son as que realmente determinan que o accidente non se repita no futuro.

É importante destacar que para unha correcta aprendizaxe dos propios erros, Repsol YPF fomenta a visión positiva do reporte e da investigación de todos os accidentes e incidentes, sen consideralo como un reflexo adverso das habilidades individuais para realizar satisfactoriamente as tarefas.

Enlaces de interese:

Os nosos datos / Casos de estudo / Indicadores GRI



Volver


Última actualización: 30 abr 2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.