As nosas actuacións - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol
Todo sobre Repsol YPF Responsabilidade corporativa

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > Seguridade e Ambiente > Seguridade > As nosas actuacións
As nosas actuacións
As nosas actuacións

Medición da calidade dos datos de accidentabilidade de contratistas

Estase traballando no desenvolvemento dun procedemento para a medición da calidade dos rexistros de accidentabilidade dos nosos contratistas, o que nos permitirá ter un coñecemento do panorama actual e desenvolver as accións correctoras oportunas, para os casos onde estes datos non alcanzasen os mínimos esixidos por Repsol YPF definidos na nosa normativa corporativa.

Ademais para apoiar este esforzo realizouse unha reforma en profundidade da norma corporativa "Criterios de Seguridade en traballos e servizos contratados".

Programas específicos para a construción

As principais unidades de negocio con actividades relacionadas coa construción dispoñen de programas específicos para xestionar esta actividade e minimizar os seus riscos. Dende que estes programas comezaron produciuse unha espectacular diminución dos accidentes nestas áreas e unha mellora moi significativa na xestión.
 
Cultura de Seguridade

Repsol YPF presta especial atención ás actuacións que conduzan á implantación de hábitos de comportamento seguros e á cultura de prevención. Para iso, véñense desenvolvendo en diferentes Unidades da compañía numerosos programas e iniciativas.

Enlaces de interese:

Os nosos datos / Casos de estudo / Indicadores GRI

Volver


Última actualización: 30 abr 2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.