Bolsa, Información para accionistas de Repsol en Repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol
Todo sobre Repsol YPF Responsabilidade corporativa

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > Seguridade e Ambiente > Seguridade > Os nosos datos
casilla de verificación

Seguridade

Ao longo de 2006, implantouse en toda a compañía unha ferramenta que permite unha xestión e unha análise eficaz dos accidentes e incidentes acontecidos. A información de desempeño en seguridade reportada regularmente polos diferentes negocios da compañía, en 2006, incluíu 37 parámetros de seguridade, 8 indicadores de accidentabilidade laboral, 4 de accidentabilidade industrial e 7 indicadores de prevención.

Repsol YPF pon todo o esforzo en mellorar o seu desempeño en seguridade para evitar a perda de vidas humanas no transcurso da súa actividade. 

Durante 2006, a pesar dos esforzos realizados, houbo que lamentar un aumento no número de mortes. En total, sete accidentes mortais, con nove mortes, un de persoal propio e oito de persoal de empresas contratistas.

Estes accidentes mortais tiveron lugar nos seguintes países: Venezuela, España, Arxentina e Alxeria. Repsol YPF lamenta profundamente estes accidentes e continúa traballando con todo o seu empeño para reducilos a cero.


Número de mortes

A pesar do anterior e grazas ás melloras estabelecidas nos últimos anos, obtívose unha evolución positiva no que respecta ao Índice de Frecuencia (IF) tanto de persoal propio como integrado (persoal propio máis contratista).

En 2006, o IF con baixa para persoal propio, reduciuse nun 28%, cumpriu co obxectivo estabelecido e superouno nun 17%.

En 2006 e de acordo co compromiso de mellora continua da información pública, a compañía deu a coñecer o IF integrado, que engloba tanto o persoal propio coma o contratista. Este foi un 16% menor que o obtido en 2005.

IF con baixa para persoal propio

IF con baixa integrado (persoal propio+persoal contratista)

O índice de frecuencia de accidentes con baixa defínese como o número de accidentes computábeis con perda de días e mortes acumulados do ano, por cada millón de horas traballadas. 

 Volver

Última actualización: 8 maio 2007


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.