
Para Repsol YPF, a seguridade durante o transporte (de persoas ou mercadorías) por estrada é fundamental para cumprir o obxectivo de cero accidentes nas súas operacións.
Por iso estanse desenvolvendo diversas accións na compañía para reforzar as habilidades necesarias para unha condución segura, especialmente en condicións meteorolóxicas ou do ámbito desfavorábeis. .
Neste sentido, en 2007 destacan as diversas actuacións específicas de formación en condución segura na estrada, onde 615 empregados da compañía recibiron 4.862 horas de formación en España e Arxentina.
Ademais, entrou en vigor a nova normativa de Vetting (relacionada co transporte marítimo), revisada para incorporar novos criterios internos máis esixentes aos buques que transportan cargas de Repsol YPF ou recalan nas súas terminais e aprobada a principios de ano.
Por último, durante 2007 desenvolveuse unha normativa específica para a seguridade no transporte aéreo na actividade de exploración e produción. O obxectivo desta normativa é estabelecer pautas xerais de seguridade, responsabilidades de xestión, estándares e requisitos mínimos que deberán seguir as unidades organizativas de exploración e produción ao contratar e facer uso de calquera servizo de transporte aéreo (excluíndo o uso de aerolíneas comerciais regulares), ao organizar actividades de aviación e xestionar as instalacións asociadas de normativa especifica para o transporte aéreo.
Enlaces de interese:
Os nosos datos / Casos de estudo / Indicadores GRI
Última actualización: 30 abr 2008
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.