Versión en PDF (80 Kb) 26 de marzo de 2008, 13:51 CET
O presidente de Repsol, Antonio Brufau, e o presidente da República do Ecuador, Rafael Correa, reuníronse nas últimas horas no Pazo de Carondelet, sede oficial da Presidencia de Ecuador, en Quito, para impulsar a marcha das negociacións que mantén actualmente o goberno de Ecuador e a compañía española para o desenvolvemento dos negocios de Repsol no citado país.
Trátase da primeira e única ocasión na que o presidente da República do Ecuador recibiu oficialmente ao presidente dunha compañía petroleira internacional.
Correa manifestou que desexa que “Repsol sexa a empresa estranxeira emblemática, modelo de como se deben facer as cousas en Ecuador” e engadiu que o seu goberno está absolutamente implicado en conseguir que “as empresas petroleiras como Repsol poidan facer negocio no seu país, sempre que isto redunde tamén en beneficio de Ecuador”.
Pola súa parte, Antonio Brufau subliñou que “o Bloque 16 -principal activo exploratorio de Repsol en Ecuador- é o exemplo máis evidente de como se pode traballar dun xeito, eficiente e, ao mesmo tempo responsábel e respectuoso cun país e os seus recursos naturais”.
Tanto Brufau como Correa manifestaron a súa vontade de que as conversacións que actualmente se manteñen para a renegociación dos contratos petroleiros se poidan concluír con éxito durante as vindeiras semanas. As negociacións abranguen, dende a extensión do prazo das actuais concesións petrolíferas de Repsol, ata o marco impositivo dos contratos.

Última actualización: 26 mar 2008
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.