Repsol YPF aumenta un 40% o dividendo - repsol.com

Repsol YPF

Banner

repsolypf.com

Barra de Herramientas Portada

  • Inicio
  • | Correo
  • | Boletíns
  • | Máis Servizos
  • | Tenda
Todo sobre Repsol YPF Sala de prensa

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Sala de prensa > Notas de prensa > Últimas notas

Versión en PDF (34 Kb) 26 de marzo de 2008, 18:25 CET

A Compañía pagará o dividendo complementario a partir do 9 de xullo

Repsol YPF aumenta un 40% o dividendo

· O Consello de Administración aprobou hoxe propoñer un dividendo complementario de 0,50 euros por acción

·O incremento está en liña coa política de aumento da rendibilidade para os accionistas anunciada por Antonio Brufau

· A compañía rexistrou beneficios históricos nos dous últimos anos 

O Consello de Administración de Repsol YPF acordou hoxe propoñer á próxima Xunta Xeral de Accionistas que se celebrará o 14 de maio, a distribución dun dividendo bruto total correspondente ao exercicio 2007 dun euro por acción, o que supón un incremento do 39% respecto ao dividendo total do exercicio anterior. 

O dividendo bruto complementario con cargo ao exercicio 2007 ascenderá a 0,50 euros por acción, pagadoiro a partir do 9 de xullo de 2008.  

Con esta proposta, o pagamento total por dividendo de 2007 ascenderá a 1.221 millóns de euros. Este incremento de dividendo está en liña coa política de aumento da rendibilidade para os accionistas, anunciada polo presidente executivo de Repsol YPF, Antonio Brufau, e prevista no Plan Estratéxico 2008-2012.

Dividendos

Última actualización: 26 mar 2008



Pie de página

Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.