Versión en PDF (98 Kb) 27 de marzo de 2008, 17:08 CET

O Presidente de Repsol, Antonio Brufau, presentou hoxe ao Alcalde de Madrid, Alberto Ruiz-Gallardón, o proxecto de construción da nova sede corporativa de Repsol, que albergará máis de 4.000 empregados da compañía e que se situará no centro de Madrid.
O proxecto Campus de Repsol, cuxa construción finalizará no ano 2010, é obra do prestixioso arquitecto español Rafael de la Hoz, e ocupará unha superficie de máis de tres hectáreas, na zona de Méndez Álvaro, próxima á Estación de Atocha.
Antonio Brufau destacou ante o Alcalde de Madrid "a dimensión humana do proxecto, concibido no centro da urbe para facilitar a conciliación laboral e a maior accesibilidade e comodidade dos empregados de Repsol". Engadiu que "a nova sede de Repsol incorpora un grande espazo verde no centro da cidade" e mostrou a súa satisfacción polo feito de que o campus estea plenamente integrado nunha zona con numerosos equipamentos comerciais, culturais e sociais.
Pola súa banda, Rafael de la Hoz explicou que "o campus urbano Repsol é un proxecto de última xeración que disporá de alta tecnoloxía enfocada á eficiencia enerxética, sostenibilidad e respecto ambiental". O arquitecto resaltou tamén "a busca de calidade e identidade do proxecto, no que se empregará a mellor tecnoloxía de construción e se outorgará grande importancia ao paisaxismo asociado".
Na visita ao Alcalde de Madrid, estiveron tamén presentes o secretario xeral e do Consello de Administración de Repsol YPF, Luís Suárez de Lezo, e o director corporativo de Xestión Patrimonial da compañía, Joaquín Uris.


Última actualización: 27 mar 2008
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.