Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Sala de prensa > Notas de prensa > Últimas notas

Versión en PDF (340 Kb) 8 de xaneiro de 2008, 13:17 CET

Investimento superior aos 3.200 millóns de euros

Repsol aproba o maior investimento industrial realizado nunca en España

· A refinaría de Cartagena converterase nunha das máis modernas e con maior capacidade de conversión do mundo
· Duplicará a súa capacidade de produción ata os 220.000 barrís diarios
· Máis de 6.000 persoas traballarán durante a súa construción
· As novas instalacións maximizarán a produción de combustíbeis limpos para o transporte
· Reducirá significativamente o déficit de gasóleos en España
· O director xeral de downstream de Repsol, Pedro Fernández Frial, anunciou ao presidente da Comunidade Autónoma da rexión de Murcia, Ramón Luís Valcárcel, e á alcaldesa de Cartagena, Pilar Barreiro, a aprobación definitiva do proxecto

O Consello de Administración de Repsol YPF aprobou realizar un investimento de máis de 3.200 millóns de euros para ampliar a súa refinaría en Cartagena, co que este complexo se converterá nun dos máis modernos do mundo e duplicará a súa capacidade de produción ata os 11 millóns de toneladas/ ano (220.000 barrís ao día).

O presidente da Comunidade Autónoma de Murcia, Ramón Luís Valcárcel, e a alcaldesa de Cartagena, Pilar Barreiro, visitaron hoxe o complexo industrial, xunto con Pedro Fernandez Frial, director xeral de downstream de Repsol, quen os informou sobre a aprobación definitiva e o alcance do proxecto de ampliación da refinaría de Cartagena.

Este proxecto, cuxa posta en marcha está prevista para 2011, dará emprego a máis de 6.000 persoas durante a construción e xerará preto de 700 postos de traballo unha vez que entre en operación. O desenvolvemento do proxecto previsto para a refinaría de Cartagena suporá máis de 3,5 millóns de horas de enxeñaría e 20 millóns de horas de construción.

Coa posta en marcha das novas unidades, a refinaría de Cartagena converterase nunha das máis modernas e con maior capacidade de conversión do mundo e maximizará a produción de combustíbeis limpos para o transporte.

Unha vez realizado o investimento previsto, máis do 50% da produción do citado complexo serán destilados medios, fundamentalmente gasóleos, o que contribuirá a reducir de xeito significativo o crecente déficit destes produtos en España.

O investimento aprobado por Repsol enmárcase dentro da súa estratexia de refino, que ten entre os seus obxectivos aumentar a capacidade de destilación e de conversión de petróleo en España e contribuír a paliar o déficit actual do mercado español de destilados medios.

O proxecto de Cartagena forma parte do programa de Repsol para adaptar as súas instalacións á produción de combustíbeis limpos para o transporte, impulsar o uso de biocarburantes (biodiesel) e mellorar a eficiencia enerxética, a seguridade e o impacto no ambiente. 

As magnitudes económicas e industriais do proxecto fan que se trate do maior investimento industrial realizado nunca na historia de España e reflicten a firme aposta dunha compañía española e internacional, como Repsol, polo desenvolvemento económico e social do país.

Magnitudes do proxecto

Alcance do proxecto:

· Unidade de destilación atmosférica (5,5 millóns de toneladas/ ano).
· Unidade de destilación a baleiro (5,0 millóns de toneladas/ ano).
· Unidade de hydrocracking (2,5 millóns de toneladas/ ano).
· Unidade de coquización (3,0 millóns de toneladas/ ano).
· Unidades de desulfuración (3,0 millóns de toneladas/ ano)
· Unidades de produción de hidróxeno.
· Plantas complementarias.
· Instalacións auxiliares.
· Planta de coxeración (40 MW)
· Modificacións en unidades existentes.
· Ampliación de infraestruturas de servizos auxiliares, almacenamento, sistemas de interconexión e transporte.
· Oleoduto Cartagena-Puertollano

Cifras significativas:

· 30 novas unidades de proceso
· Nova unidade de coxeración 40 megawatios
· 2.500 equipos
· 300.000 m3 de novo almacenamento
· 60 Hectáreas de nova superficie
· 35.000 Toneladas de aceiro
· Máis de 1.000 km de tubos
· 4.500 km de cables
· 70 megawatios de consumo eléctrico (refinaría actual 23 Mw)
· 3,5 millóns de horas de enxeñaría
· 20 millóns de horas de construción

Cifras de emprego:

· 2.200 novos empregos (300 directos, 400 indirectos e 1.500 inducidos).
· 3.500.000 de horas-home de enxeñaría contratada.
· 20.000.000 de horas-home de construción directa.
· 3.000 persoas/días na construción con puntas de 6.000 persoas.

Impacto económico do proxecto

Última actualización: 8 xan 2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.