Bolsa, Información para accionistas de Repsol YPF en Repsolypf.com

Repsol YPF

Banner

repsolypf.com

Barra de Herramientas Portada

  • Inicio
  • | Correo
  • | Boletíns
  • | Máis Servizos
  • | Tenda
Todo sobre Repsol YPF Traballa connosco

Ruta

Estou en: Inicio > Todo sobre Repsol YPF > Traballa connosco
Repsol YPF é unha empresa TOP para traballar 2007

As empresas seleccionadas foron avaliadas a través dun cuestionario de 75 preguntas e poden lucir o selo outorgado por CRF

Top Performers

Un total de 63 empresas foron seleccionadas para a publicación Empresas TOP para traballar, presentada por CRF o 11 de outubro no Círculo de Belas Artes de Madrid. Repsol YPF é unha delas.

A obra, que recolle a investigación levada a cabo pola organización internacional CRF, ten como fin animar as empresas que se esforzan por atraer, reter e facer rendíbel o talento e "cuxas ganancias se basean en gran parte nas persoas que as conforman e onde o crecemento é mutuo".

As compañías seleccionadas foron avaliadas nos cinco criterios que CRF definiu para elixir as empresas TOP para traballar 2007. Estes son: condicións laborais, ambiente e cultura de traballo, compromiso coa sociedade, desenvolvemento do talento e aposta pola innovación.

O proxecto Empresas TOP para traballar, que se publica anualmente, conta coa colaboración de Juan Carlos Cubeiro e Nuria Chinchilla, que introducen a obra e analizan a relevancia de considerar o capital humano como "o principal e insubstituíbel activo das empresas", tal e como afirma a profesora do IESE. 

A redacción dos textos é responsabilidade dun equipo de xornalistas especializados que visitou todas as compañías presentadas e comprobou mediante centos de entrevistas "o seu status de ser líder no desenvolvemento do talento".

As empresas seleccionadas e presentadas recibiron o selo de calidade 'Empresa TOP para traballar 07' que CRF outorga dende hai varios anos en diferentes países. 

CRF é unha organización internacional con sede en Holanda, e oficinas en 8 países de 3 continentes. Dende 1992, CRF dedícase á coordinación e edición de proxectos de investigación sobre economía e empresa. A nosa misión en cada país consiste en identificar os máximos expoñentes en traballo, estratexia e liderado, conxuntamente con xornalistas de economía, académicos, investigadores e editores internacionais.

Máis información


Última actualización: 27 dec 2007



Pie de página

Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.