Bolsa, Información para accionistas de Repsol YPF en Repsolypf.com

Repsol YPF

Banner

repsolypf.com

Barra de Herramientas Portada

  • Inicio
  • | Correo
  • | Boletíns
  • | Máis Servizos
  • | Tenda
Todo sobre Repsol YPF Traballa connosco

Ruta

Estou en: Inicio > Todo sobre Repsol YPF > Traballa connosco > Desenvolvemento profesional en Repsol YPF
Desenvolvemento profesional en Repsol YPF

En Repsol YPF preocupámonos polo desenvolvemento profesional dos nosos empregados.

Cremos no valor que poden achegar os homes e as mulleres da nosa empresa a través do seu progreso profesional para ao mesmo tempo, contribuír no avance da nosa Compañía e alcanzar novos retos que nos fagan manter unha posición de liderado no noso negocio.

Esta é a base para conseguir que o futuro sexa noso.

Ofrecémosche oportunidades para construír a túa carreira profesional no noso Grupo.

  • Formación en competencias técnicas e xenéricas que che achegarán os coñecementos e técnicas necesarios para o teu progreso.
  • Mobilidade cara a postos de traballo, áreas de actividade e negocios diferentes, na ampla gama que pode ofrecerche un gran Grupo empresarial coma o noso.
  • Estancias no estranxeiro. A través dos nosos programas de intercambio de profesionais, queremos que se poidan aproveitar as oportunidades de enriquecemento profesional e persoal nun ámbito multinacional coma o noso.  

Mobilidade

A mobilidade no Grupo Repsol YPF é unha interesante opción para o desenvolvemento profesional dos/as nosos/as empregados/as.

Como criterio xeral, a partir dos dous anos de permanencia nun mesmo posto de traballo, existe a opción de solicitar mobilidade a outro posto distinto na Organización.

Pensamos que é interesante, tanto para o profesional implicado coma para a Compañía, chegar a coñecer os distintos negocios do Grupo e ir adquirindo competencias que aseguren que a nosa Empresa conta, en cada momento, cos profesionais máis idóneos e mellor preparados.

A área de Recursos Humanos xestiona estas accións de mobilidade interna, ben como consecuencia dun Plan de Desenvolvemento persoal ben como resposta á iniciativa do/a interesado/a.

Última actualización: 20 xull 2007



Pie de página

Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.