Acción realizada ao abeiro do II Acordo Nacional de Formación Continua e do Fondo Social Europeo (Convocatoria FORCEM 1997 de Accións Complementarias e de Acompañamento á Formación).
Hai un cambio de paradigma no mundo empresarial: as empresas son cada vez máis competitivas, máis especializadas en "nichos" de mercado específicos e aparece con forza a necesidade de adquirir coñecementos e habilidades nun contexto tecnolóxico e comercial cada vez máis esixente.
Mentres tanto, aparecen no ámbito da formación novas necesidades vinculadas a un fenómeno de fragmentación das empresas que se produce simultaneamente á globalización dos mercados nun contexto onde a formación se transforma nun factor de competitividade baseado no desenvolvemento da capacidade de aprender nun ámbito de cambios constantes.
É aquí onde intervén a necesidade de dar á formación un enfoque ás veces complementario e ás veces alternativo ao da formación tradicional, é dicir, cando a falta de tempo, a distancia xeográfica, o elevado número de centros de traballo ou a necesidade de atender simultaneamente amplos colectivos fai difícil e custoso a convocatoria de cursos presenciais no formato tradicional.
Baseada nas máis recentes tecnoloxías da información e a comunicación, Aula Repsol forma parte da resposta que se está a articular dentro do Grupo Repsol YPF para atender eficazmente estes novos retos formulados no ámbito da formación.
Aula Repsol é un ámbito virtual que utiliza as innovacións tecnolóxicas para ofrecer o acceso a unha nova dimensión formativa aos seus usuarios.
Tradicionalmente toda acción formativa requiriu a coincidencia no espazo e o tempo dos formadores e dos participantes na formación. Non obstante, na actualidade os ámbitos virtuais de aprendizaxe superan estas dúas limitacións e achegan un grao de flexibilidade tal ao proceso formativo, que permite a todos os seus participantes un acceso cómodo e adaptado ás súas necesidades.
Nun modelo presencial de formación, a comunicación entre formador e participante é fundamentalmente oral. A utilización dun ámbito formativo non presencial e virtual ofrece, non obstante, novas posibilidades formativas e de comunicación.
Neste sentido, polo que respecta ao espazo, a coincidencia non é necesaria para que se estabeleza a comunicación. En canto ao tempo, pódese optar entre utilizar unha vía diferida ou en liña.
O sistema non presencial permite, ademais, seguir un ritmo de aprendizaxe flexíbel e adaptado a cada participante tendo en conta os seus obxectivos, carga de traballo, intereses, estilo de aprendizaxe, experiencia persoal e profesional, etc.
Atendendo a este papel principal dos participantes no ámbito virtual, todos os servizos, ferramentas, recursos tecnolóxicos e materiais deséñanse co obxectivo de facilitar a súa formación. En definitiva, preténdese que todos os elementos estean á súa disposición para que sexan os protagonistas do seu propio proceso de aprendizaxe.
Para que todo o anterior sexa posíbel, Aula Repsol conta con ámbitos diferenciados de formación, información e comunicación.
Tanto na opción Como moverse, como a través da icona de Axuda, pódese obter unha descrición detallada de cada un dos espazos e funcionalidades que soportan os devanditos ámbitos.
Destaquemos aquí simplemente, que os espazos de comunicación dos que se dispón teñen a finalidade de fomentar a relación e a comunicación entre os usuarios de Aula e evitar así que se produza no participante unha sensación de soidade (aspecto este moitas veces sinalado como obstáculo á formación non presencial).
Tanto dende o punto de vista dos participantes na formación coma da propia organización, as vantaxes que ten un ámbito destas características son múltiples.
Algunhas destas vantaxes son:
Queda claro, a partir dalgunhas das cousas que se mencionaron ata aquí, que Aula Repsol permítenos (como organización) contar cunha oferta máis ampla de produtos e servizos de formación, tanto a nivel de formación corporativa, coma polo que respecta á formación xestionada polas unidades do Grupo.
Por exemplo, en relación coa actividade actual de formación presencial, Aula permite estender no tempo as distintas accións nun dobre sentido:
Anterior ao curso, con actividades para activar os coñecementos de inicio, para estabelecer niveis homoxéneos de coñecementos, para coñecer os obxectivos e as expectativas individuais antes de comezar a acción, etc.
Posterior ao curso, con actividades de reforzo, seguimento e afondamento, de actualización de materiais, de debate virtual sobre cuestións xurdidas durante a fase presencial, etc.
Polo que respecta á formación non presencial, Aula permite optimizar a incorporación á oferta de formación de actividades de formato mixto (accións que conxugan metodoloxías presenciais e non presenciais) e actividades con formato enteiramente virtual. Neste sentido, a diferencia do que aconteceu tradicionalmente coas ferramentas de ensino asistido por ordenador, o ámbito (a través da integración dos ámbitos de comunicación e formación) permite simular totalmente o proceso de interacción e aprendizaxe xenuína da formación presencial.
Última actualización: 1 xan 2001
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.