Bolsa, Información para accionistas de Repsol en Repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol
Todo sobre Repsol YPF Traballa connosco

Ruta

Estou en: Inicio > Todo sobre Repsol YPF > Traballa connosco > Desenvolvemento profesional en Repsol YPF
Formación en Repsol YPF
Profesionales

En Repsol YPF a formación é unha actividade integrada nun esquema máis amplo de desenvolvemento de Recursos Humanos dirixido a identificar e desenvolver as habilidades, actividades e coñecementos que se requiren en cada un dos nosos negocios para afrontar con éxito os retos do mercado.

Apoia e facilita a adecuación das persoas aos cambios culturais, organizativos e tecnolóxicos. A utilización das novas tecnoloxías da información nos procesos e actividades de formación (fundamentalmente a través do ámbito de teleformación Aula Repsol), xunto coa identificación dos coñecementos asociados ás grandes áreas de negocio, permite unha maior eficiencia na formación e desenvolvemento das persoas, así como unha base máis sólida para facer unha eficaz xestión do coñecemento en Repsol YPF. Aula Repsol é accesíbel a través do "Portal do Empregado", incluído en RepsolNet (Intranet corporativa de Repsol YPF).

A formación non é unha responsabilidade exclusiva da función de Recursos Humanos. Máis ben ao contrario, a formación é, principalmente, un compromiso que deben asumir os propios empregados así como os mandos e directivos, que teñen que crear as condicións e facilitar os recursos para que estes poidan desenvolverse profesionalmente.

A formación é un medio para alcanzar un fin, non é un fin en si mesma. Neste contexto, formar é desenvolver habilidades e coñecementos que se van aplicar no traballo, que van apoiar unha mellora no desempeño. Por iso, en Repsol YPF non se entende a formación como acumulación per se de coñecementos e préstase especial atención á aprendizaxe en acción ou "aprender facendo".


Última actualización: 1 xan 2001


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.